Ilusión cara o comezo da Liga Promesas

Os dous representantes da Escuela de Fútbol Femenina Rosalía na Liga Promesas estrean a tempada no Municipal de Oira (Ponte Canedo).

A espera terminou, fin de semana de compromisos oficiaos para os dous equipos representantes da Escuela de Fútbol Femenina Rosalía na Liga Galega Promesas (único club galego con dous equipos na categoría) buscarán os primeiros puntos no Municipal de Oira de fútbol 8, novo campo onde disputarán os seus partidos de Liga situado no barrio de Ponte Canedo.

Os seus rivais no estreo, Umia e Mos, dous clásicos da canteira feminina galega e que sempre contan con equipos competitivos cada tempada. O Promesas “B”, ás ordes de Javier Alonso recibirán á UD Mos na primeira xornada de competición a partir das 11:00 horas. Pola súa banda, o Promesas “A” de María Feijóo medirase ao Umia CF unha vez terminado o encontro das súas compañeiras (12:15 horas).

“Están con ganas de empezar a Liga”

María Feijóo, adestradora EFF Rosalía Promesas “A”

Moitas novidades en ambos equipos, ao contar con moitas xogadoras novas en ambos persoais pero, segundo cóntanos Feijóo á nosa páxina web, as nenas “están con ganas de empezar a Liga en casa intentando dar unha boa imaxe sendo ou partido de presentación “. Pola súa banda, Javier Alonso, técnico do “B”, que ademais tamén se estrea nos banquiños en competición oficial, móstrase moi ilusionado nesta nova campaña cun obxectivo claro “que todas as xogadoras crezan como futbolistas cos valores que o club quere”

Check Also

Así queda o calendario das Alevíns para a liga 2023/24

Os equipos ‘Amarelo’ e ‘Azul’ están encadrados no Grupo IV da liga Galega Alevín e …

Skip to content