1-1: Empate do cadete no inicio da Liga

Ester adiantou ao “filial” no 63′, pero o Victoria conseguiu empatar o choque cunha xogada desafortunada de Sara Bonjoch.

A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía non puido conseguir os primeiros tres puntos co Vitoria CF (1-1) na súa debut na Liga Galega Cadete Feminina. O “filial” adiantouse mediada a segunda metade do choque cun remate de Ester, pero o equipo coruñés logrou o empate. Malia contar con ocasións para gañar, o conxunto dirixido por Sobrino loitou pero o empate foi xusto resultado polo que ambos equipos mostraron no Victor Fernández Alonso.

Inicio dubitativo do Rosalía que provocou un partido cun ritmo bastante baixo nos seus primeiros compases, as azuis esperaban non seu campo ben pechadas para tratar de buscar as contras e as costas da defensa rival. A primeira parte foi sen apenas traballo para Rocio (porteira nesta primeira xornada), na que solo a puxeron a proba desde un par de lanzamentos afastados, que apenas levaron perigo para a porteira. A contestación das azuis, un par de intentos por parte de Lidia e Ester para coller nas contras o Victoria pero sen apenas efecto.

Os goles chegaron na segunda parte
O Victoria aumentou o ritmo na segunda metade creando dúas ocasións claras que pegaron no longueiro. O primeiro logo dun lanzamento de falta e o segundo tras unha boa xogada da súa dianteira. Foi Ester a que conseguiu inaugurar o marcador, Laura Añón viu o espazo que deixaba a defensa local ás costas, meteu un gran balón emn profundidade, que despois de gañar en velocidade, definiu a centrocampista á perfección por arriba da porteira para poñer ou 0-1. Os seguintes minutos puido apreciarse a precipitación nas xogadoras locais. Nunha xogada moi similar a do gol, Ester volveu quedar nun man a man con Paola, que esta vez conseguiu a través dunha gran parada mandar o balón a córner. Os minutos ían pasando sen apenas ocasións ata que nunha xogada aillada, nun lanzamento de esquina, un gran balón o primeiro pao foi peinado por unha defensa visitante no seu intento e nunha xogada de mala sorte intentando o despexe Sara Bonjoch acabou introducindo o balón na portería defendida por Rocío. Subía o 1-1 ao marcador, unhos díxitos que xa non se moverían ata que Seoane Sánchez sinalou o pitido final.

“O partido estivo bastante igualado, xogando estilos diferentes por parte dos equipos. O resultado final foi un xusto empate”, sinalou Sobrino ao remate do partido.

“Unha magoa que non fósemos recompensados cos tres puntos”

Jorge Sobrino, adestrador EFF Rosalia Cadete

Sobre o papel das suas xogadoras, o técnico espuxo: “Acabei moi contento co equipo, tanto polo sacrificio como polo esforzo e a actitude ca que traballaron todas as xogadoras. Puidemos traer os tres puntos ante unha das mellores canteiras de Galicia, e quédome con iso. Unha magoa que non fósemos recompensados desa forma”.

Check Also

O Azul dobrega ao Amarelo no derbi da Liga Cadete

Nun derbi vibrante, con gran ambiente nas bancadas, os goles de Xiana serviron para levarse …

Skip to content