A macedá convírtese no primeiro reforzo do equipo infantil cara a tempada 2020/21
A Escuela de Fútbol Femenino Rosalía fíxose cos servizos de Sara Bonjoch (Maceda, 2008) para a equipo infantil que compite na liga Galega Infantil Feminina. Sara chega procedente da Escola Municipal de Maceda, en cuxo equipo alevín masculino xogaba ata fai ben pouco e o que lle valeu para que na Selección galega fixásense nos seus progresos, tanto que estaba convocada pola seleccionadora Vicky Fernández para participar nos adestramentos do pasado mes de marzo, pero as medidas tomadas polo goberno para frear a propagación do Covib-19 deu ao traste a posibilidade de asistir.
A centrocampista, que tamén pode actuar de defensa, será unha das 16 xogadoras infantís de primeiro ano do equipo dirixido por Alba Rodríguez. Sara, dende idade benxamín, era asidua nas convocatorias da selección sub12 ourensá e, a pesar de mostrarse un pouco tímida no acto de presentación, non tivo problemas en falar para nosa web e contarnos como coñeceu o proyecto da EFF Rosalía: “Coñecín a EFF Rosalía fai tres anos por mediación de Alba (na Selección Ourensá sub12). Faloume do obxectivo do clube, e dende entón, participei nunha convivencia que organizaron e nalgúns partidos na Copa Gallaecia alevín fai dúas tempadas”.
“Animoume moito a unirme ao proxecto do Infantil, a adestradora e a ilusión de poder xogar nunha Liga Galega. Como obxectivos márcome o poder reforzar o meu aprendizaxe, crecer como xogadora e formar parte dun equipo feminino”, recalcou a macedá.
Sara, para que a coñezamos un pouco máis na súa faceta no terreo de xogo defínese como “unha xogadora polivalente e loitadora, xa que non dou un balón e un encontro por perdido”.
Feliz na presentación de Sara foi o presidente Mario Gómez á hora de vela coas cores e o escudo da EFF Rosalía “Sara na súa idade é unha das mellores futbolistas da provincia. Moi completa, polivalente e posúe un gran carácter xogando. Faime máis feliz o fichaxe dunha xogadora de base de gran nivel como ela que calqueira fichaxe que podamos facer para o senior. O noso proxecto é a longo prazo e sin base o club non ten futuro, basamos o noso futuro en tentar ter as mellores xogadoras na canteira e en procurar darlles a mellor formación, esa é a única maneira de ter un club sólido que nun futuro pelexe cos mellores en categoría senior”.