Yadira, moi contenta de seguir medrando na EFF Rosalía.

Yadira Alonso (Xinzo da Limia, 2005) confirmou a súa renovación pola EFF Rosalía por dúas tempadas.

A Escuela de Fútbol Femenino Rosalía e Yadira Alonso chegaron a un acordo para renovar o contrato da limiá ata 2022. A centrocampista foi unha das xogadores destacadas na liga e culminou este final de curso con esta renovación. Son días felices para Yadira e así nolo relatou á web do club: “para min renovar co Rosalía significa que o clube aposta por min e confía en que siga progresando a nivel futbolístico, polo que me produce moita alegría”

A pesar de que as negociacións para súa renovación foron rápidas, Yadira sorprendeu ao club con unha proposta pouco usual dentro dos típicos “flecos” en todas as firmas de novos contratos. A centrocampista comprométese a por unha cláusula de rescisión para os dous seguintes anos de tres millóns de euros, ca condición de que en caso de recibila o club teña que invertir eses cartos en construír un campo de fútbol propio.

Yadira marcou seu primeiro gol do curso fronte o San Mateo.

A de Nocelo da Pena debutou no primeiro partido oficial do equipo senior (16/09/2018, Campo de Pardellas) contra o Juvenil de Ponteareas. Dende o primeiro día converteuse en peza clave do senior xogando en diferentes posicións no campo e sempre a un alto nivel. Na sua primeira tempada converteu 9 tantos en 26 partidos xogados (todos os da tempada), sendo a terceira máxima goleadora da EFF Rosalía xunto a Sabela Meno. Participou na selección ourensá sub14 no campionato galego de seleccións comarcais en todos os partidos disputados, colofón a boa temporada realizada na EFF Rosalía.

A pesar de que a tempada 2019/20 non se puido completar, a centrocampista mantívose nos mesmos números a nivel ofensivo que o curso anterior anotando seis tantos en 19 partidos xogados (0,31 de media), pero destacou como unha das xogadoras máis polivalentes do planten xogando ata en catro posicións diferentes ao longo do curso.

Nada máis renovar Yadira mostrouse moi motivada: “Estou moi contenta pola nova tempada e por os obxectivos que nos propuxemos este ano dende o club xa que considero que son alcanzables, teremos que traballar duro porque este ano os rivais van a ser fortes, pero vamos a dar guerra e demostrar que non imos a regalar nada a ninguén.”

“A tempada pasada a nivel individual tentei dar o mellor de min, apesares de non xogar na miña posición habitual na maioría de partidos. Nunca xogara de central, pero creo que o aprobado o teño con boa nota. A nivel colectivo estou contenta, confío nas miñas compañeiras e temos todas moi claro que imos traballar a reo para quedar o máis alto posible na táboa. Estou segura de que esta tempada vai a ser para lembrar e imos demostrar do que somos capaces”, incidiu a limiá.

Mario Gómez, mostrouse ilusionado pola firma da centrocampista: “a renovación de Yadira era vital xa que é a xogadora máis polivalente da plantilla. Ten moi boa proxección e a pesar de ser xogadora inda en idade cadete é unha xogadora de moito nivel. Estamos seguros que nos axudará moito a conseguir as nosas metas”.

Check Also

Vitoria ‘C’-Rosalía: a pola segunda vitoria seguida

O noso equipo, que encadea dez xornadas sen perder, busca seguir o refacho no Santa …

Skip to content