Saray Alonso renova ata 2021

O noso club alcanzou un acordo coa futbolista ourensá tras executar a opción de renovación que tiña sobre a centrocampista o pasado 30 de xuño.

A Escuela de Fútbol Femenino Rosalía e Saray Alonso chegaron a un acordo para a ampliación do vínculo contractual que une á ourensá coa nosa entidade ata 2021 tras efectuar o pasado 30 de xuño a opción de renovación que posuía o noso club.

A centrocampista ourensá debutaba como azul o 8 de setembro de 2019 no Monte da Aira, na estrea ligueira da azuis fronte ao EDVM Pereiro CF que concluía con empate (1-1). Co paso dos partidos, Saray converteuse nunha das xogadoras que entraban e saían habitualmente da convocatoria azul. Xogando un total de 8 partidos, saíndo desde o banco en todos eles menos un, fronte ao Balaidos no Monte da Aira na xornada 13.

Saray xogou maioritariamente por banda.

A centrocampista aproveitará a súa segunda tempada para seguir adaptándose a un deporte que nunca practicara, xa que a súa experiencia era soamente en fútbol sala, xogando o seu último ano na canteira do Ourense Envialia na tempada 2015/16 antes de recalar no noso club a pasada campaña.

Falamos coa centrocampista tras estender a súa vinculación co noso club ata 2024: “Estou moi agradecida pola renovación e que o club conte comigo e aproveitarei esta oportunidade para mellorar como futbolista e aportar ao equipo”, palabras que remarcan seu compromiso coa EFF Rosalía “cunha situación tan atípica como esta é importante estar totalmente comprometida, espero que pronto se volva a xogar e poder gozar do fútbol”.
En canto á volta á competición comentou que “o equipo está con ganas de empezar xa e dalo todo no campo. A tempada anterior fixémolo o mellor que puidemos e foi unha pena que non a puidemos acabar a campaña”.

“Actualmente creo que tanto eu como o equipo en xeral queremos empezar a competir e penso que agora estamos no mellor momento”, rematou afirmando a xoven xogadora azul.

O presidente Mario Gómez mostrouse moi orgulloso da actitude e a implicación de Saray cara a escola. “É unha rapaza que chegou a tempada pasada e que en cada adestramento da todo de si para mellorar cada día. Encaixou perfectamente dentro do vestiario e se ben é certo que non tiña a experiencia de outras xogadoras, pouco a pouco con traballo e moito tesón é unha máis dentro da plantilla. Ogallá moitas máis Saray con nós”.

Check Also

Así queda o calendario para a liga 2024/25

As xogadoras de Tamayo comezarán o campionato a domicilio o domingo 15 de setembro no …

Skip to content