Larga, ese é o adxectivo que mellor define a pretempada do noso equipo senior… dende o 1 de agosto leva o equipo de Ivan Canal e Juanma Bello adestrando de luns a venres, ca excepción da ponte festiva do 15 de agosto, para conformar a plantilla do noso equipo senior 2.0.
Moitas sesións en horario de mediodía, con moito calor e moito traballo específico técnico para tentar inculcar todo o que queren levar a cabo ao longo da tempada. Si a eso lle sumamos os só dous partidos amistosos obxectivos disputados, contra Chantada e Valladares “B” o non atopar rivais femininos dispostos a desprazarse a Ourense, pois fai que as nosas senior estén deseosas de comezar.
Os caprichos do calendario fan que sobre o papel os tres equipos favoritos para loitar polo ascenso de categoría sexan os nosos tres primeiros rivais, un aliciente extra para facer deste inicio de liga un mes de setembro apaixoante.
En frente un Pereiró que o ano pasado tras levar un man a man co Tomiño polo primeiro posto ata a penúltima xornada, sorprendentemente caeu eliminado as primeiras de cambio nas eliminatorias polo ascenso. Esta tempada veñen de fichar a un mítico dos banquillos femininos da cidade olívica como é Toni Pazo ex entre outros de Sárdoma e Olivo. Un duro rival co que a partir das 11 da mañá do domingo no Monte da Aira de Velle, unha hora antes do noso horario habitual, a ben seguro temos unha fermosa batalla futbolísitica.
CONVOCATORIA:
Rocío
Saray
Noa Fernández
Noa Domínguez
Noa Fírvida
Cae
Isis
Ainara
Zaira
Isabel
Feijoo
Aldara Sequeiros
Patricia
Alba
“Aldarita”
Lidia
Baixas por lesión: Andrea lesión no cuadriceps, Carlota esguince de grado I no nocelo e Judith lesión no xeonllo. Ademáis a última hora caeuse Silvia por enfermidade.
Baixas por motivos personais: Yadira e Sabela. Quédanse fora da convocatoria por decisión técnica: Marta, Lucia e Eli.