Tobaruela: “Estamos en continua transformación”

“Todas suman, xoguen máis ou xoguen menos minutos”, explicou o adestrador.

Pere Tobaruela compareceu en zona mixta do Municipal de Oira tras a vitoria da Escola de Fútbol Feminina Rosalía fronte ao Balaidos e XXX: “Fago unha valoración positiva do enfrontamento contra o Balaídos porque, máis alá do bo resultado, as xogadoras levaron a cabo perfectamente o plan de partido en canto a cuestións técnico-tácticas que queremos ir introducindo de cara a próximos encontros”.

Lentitude inicial
“No principio do partido faltou velocidade de balón, pero ata certo punto é lóxico porque nos últimos partidos, neste e nos dous anteriores, houbo modificacións na medular, na zona de creación do equipo. Estamos en continua transformación, en continua introducción de novos matices e isto conleva tempo”.

“Para min a primeira defensa son as dianteiras”

PERE TOBARUELA, adestrador EFF Rosalía senior

Portería a cero
“Unha das premisas en todos os partidos é deixar a portería a cero. A fortaleza defensiva é o punto de partida para solucionar de maneira positiva os partidos. Pero con isto que digo non hai que entender que sexamos un equipo que se fecha atrás, nin moito menos, para min a primeira defensa son as dianteiras presionando en campo rival. No noso equipo todas as xogadoras defenden. E todas participan no ataque desde o inicio na saída de porteira”.

Probar novas posicións
“Unha das miñas ocupacións adestrando é darlle versatilidade e riqueza ao xogo de cada xogadora porque con iso o equipo gaña. Cada unha das xogadoras pode aportar nunha posición diferente e iso hai que probalo, non só nos adestramentos, senón nos partidos. Iso por unha parte. En canto a darlle oportunidades de xogar a todas a xogadoras tamén é importante para min. Todas suman, xoguen máis ou xoguen menos minutos.

Check Also

Acordo con Hugo Pena

O ourensán farase cargo da preparación das porteiras do club.A Escola de Fútbol Feminino Rosalía …

Ir o contido