Último partido a domicilio da tempada

O noso equipo enfróntase ao Calo na última xornada de Liga (12.00 h; Teo).

A Escola de Fútbol Feminino Rosalía pon esta mañá o punto e final á tempada 2023/24, na que se han que dado ás portas de disputar a fase de ascenso. As de Tamayo pechan a campaña no Municipal Rebordelo, no que se enfrontan ao Calo na xornada 30 de Liga 12.00 h; horario unificado.

O obxectivo do noso equipo é concluír a tempada logrando a 18.ª vitoria na competición e para iso tratará de dar continuidade ao momento de forma que lle permitiu encadear catro triunfos no últimos cinco partidos. Chegaron fronte ao Santo Mateo e Praia en casa e Aguiño e Porriño a domicilio.

Para a cita, o técnico azul, recupera a Laura e Fifi, convocando a todo o persoal dispoñible, completando a convocatoria de 16 con Aitana, Nair e Sanmiguel, do Cadete ‘Azul’.

CONVOCATORIA EFF ROSALÍA
Porteira: Noa.
Defensas: Laura, Fifi, Sabela, Aitana, Matilde e Sampayo.
Centrocampistas: Bonjoch, Nair, Candela, Aldarita e Aroa.
Dianteiras: Sanmiguel, Zaira, Clau e Noui.

SR Calo
O rival desta mañá comeza a última xornada segundo na clasificación, con 66 puntos, e chega ao partido co obxectivo de lograr o primeiro posto, que lle permitiría ascender directamente. Hai tres equipos máis nesa loita: Boiro 67 puntos e Mos ‘B’ 64 puntos. Nerea Coello é a máxima goleadora das de Buján esta tempada, con 28 tantos.

Check Also

1-6: Rosalía exhibe xogo e pegada para recuperar o sorriso ante o Porriño

As pontinas sumaron os tres puntos grazas ao dobrete de Noui e os goles de …

Skip to content