A efectividade cara porta das locais decidiron o encontro.
A Escola de Fútbol Feminino Rosalía non conseguiu sacar ningún punto da Bouza ante un Umia ao que lle bastaron os primeiros corenta minutos para deixar o partido sentenciado. O encontro comezaba o equipo local envorcado ao ataque e que nos primeiros vinte minutos lograron os dous primeiros goles por medio de Lara, concretamente nos minutos 14′ e 17′. Ao bordo da media hora de xogo, outros dous. Jessica anotaba en terceiro aos 28′ e inmediatamente despois, Cayetana subía o cuarto ao marcador. No tramo final da primeira parte, Maialen facía o 5-0.
Xa na segunda parte, o noso equipo non baixou os brazos a pesar de a diferenza no marcador. De feito, outro gol local aos sete da continuación por medio de Lara, foi o último do encontro.