A nosa Escola visitou o Colexio Mª Auxiliadora Salesianos de Ourense

O pasado venres a nosa Escola realizou unha divertida e animada visita as nenas dos cursos máis tempranos de primaria do colexio Salesianos de Ourense. No teatro do colexio reuníronse tanto nenos como nenas dos cursos de 1°, 2° e 3° de primaria, nesa reunión unha delegación de xogadoras, técnicas e directivas do clube explicábanlle aos peques que era e como naceu a Escola de Fútbol Feminino Rosalía no mesmo centro onde estudian no verán de 2017.

Tanto Alba como Isis e Feijoó reforzáronse cas xogadoras do clube que estudian no centro:

Ainhoa e María en 5° de primaria e Silvia, Valeria, Nair, Lucía Pérez, Lucía Nóvoa e Carballo de 6° de primaria… todas elas estiveron moi implicadas na actividade.

Posteriormente todas as nenas que quixeron disfrutaron de media hora de fútbol no campo de fútbol do colexio e demostraron que o fútbol ven pegando forte nos gustos das máis pequenas das aulas.

Rematou a actividade cunha foto de familia e un reparto de pulseras do noso clube para tódalas pequenas que se animaron a xogar ao fútbol na media hora final de clase.

Check Also

Peche exitoso do II Maratón Mixto de Futbito Festas da Ponte

Anibal Pereira, responsable de deportes do Concello, entregou os premios aos mais de 50 participantes. …

Skip to content