Canal: “se non cometes erros e xogas concentrada é máis sinxelo gañar”

“O partido si que foi máis sinxelo do esperado, pero porque fixemos as cousas ben dende o inicio. Xogamos sinxelo, concentradas e con intensidade. Cando xogas dende o inicio metida no encontro, todo flue mellor”, dixo o técnico.

Iván Canal analizaba a victoria da EFF Rosalía ante os medios en zona mixta do Campo de A Lama: “Estou moi contento porque melloramos no xogo, melloramos na definición, tiveron máis minutos as xogadoras que non están participando moito, non houbo lesións e conseguiuse o obxetivo do partido, que era mellorar no xogo”.

Mellora no xogo
“Partido con bo xogo asociativo do equipo, que mellorou a sua presenza en canto ao xogo colectivo con respecto os dous partidos pasados. Ademáis, foi un partido sinxelo porque non o compricamos nos mesmas. Se non cometes erros e xogas concentrada e máis sinxelo gañar”.

Minutos para as menos habituais
“Foi un partido moi aproveitado porque serviu para darlle minutos a xogadoras cás que se estaba contando menos, provei posicións distintas con diferentes xogadoras, cambiei o sistema con 3 centrais para xerar mais compricacións en defensa e así que melloren nesa parcela. Serviu para darlle confianza a duas xogadoras como Sabela e Fírvida porque necesitaban un partido que lles permitira xogar relaxadas e sobretodo para mellorar o xogo asociativo e de toque”.

 

¿Aspirar a cotas máis altas?
“Para min o obxetivo está en que aprendan as máximas cousas posibles, que lles poda aportar cousas positivas en canto ao deporte, valores e disciplina. As cotas altas para min están en que o final de temporada sexan mellores persoas do que xa son, e que adquiriesen coñecementos”.

Colocadas na parte alta da clasificación
“En canto resultados e puntos eu tamen estou recollendo o traballo que se fixo o ano pasado por parte de Alonso, sinto de verdade que é así. O traballo que fixo nótase e un equipo segué un proceso de tempo. Hai que recoñecer o traballo feito dos anteriores adestradores porque parte dos resultados de este ano tamen son deles. Eu sei que traballando e esforzándose será un bo ano para as rapazas e para min, porque eu estou mellorando como adestrador grazas a elas. Para min non haberá nada máis reconfortante se o final de tempada elas son mellores xogadoras e eu mellor adestrador”.

Pola sua parte, José Barros, adestrador do Ponte Caldelas “elas foron moi superiores a nós en todo o partido e non me quero esquecer de agradecer a Iván que lles pedise as suas xogadoras que non presionasen para que así a miñas xogadoras puidesen tocar o balón”.

Fase de aprendisaxe
“temos só cinco xogadoras da tempada pasada e as novas están nunha fase de aprendisaxe xa que para moitas é a sua primeria experiencia en competición. Este ano toca aprender a base de ensaio-erro.”

O rival
“Ao Rosalía o vin moi ben e paréceme que é un dos equipos fortes da competición, o vexo na parte alta da clasificación ao final da tempada. Gústame como se está traballando nese clube, formando as xogadoras e vese que o traballo está recollendos seus frutos”

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Skip to content