“Se o Comercial xoga ao 110% é o mellor que nos pode pasar a nós, sobre todo pensando no que nos poder vir diante”, sinalou o técnico.
Miguel Saa compareceu ante os medios de comunicación na sala de prensa da Escuela de Fútbol Femenina Rosalía antes do último adestramento previo ao encontro contra o Comercial (16:00 h; Municipal Rodríguez Lago 1): “O equipo está con moitas ganas de competir, sobre todo despois do parón. Levamos unha semana sen disputar partido de Liga e temos ganas de volver a xogar e sobre todo co playoffs no horizonte. É unha boa ocasión para atoparnos a nós mesmas e seguir mellorando”.
“Sabemos que a elas cústalles desprazarse por temas laborais e aquí viñeron co equipo algo xusto e pensamos que alí, co horario que máis lle convén a todo o plantel van a estar un pouco mais competitivas que na primeira volta. Foi un rival co que nos custou e fixo un bo partido contra nós”.
Minutos ás menos habituais
Realmente se colles as actas podes ver que todas as xogadoras xogaron por igual. Ata o de agora todas tiveron un número elevado de minutos e iso é o que fai ver que o plantel é bastante equilibrado e que calqueraa pode entrar a xogar en calquer partido.
Bautismo náutico
“Témolo dito moitas veces e falámolo entre o corpo técnico, o xerar bo ambiente mediante actividades deste tipo e tan importante ou mais que moitas horas de táctica ou un traballo físico específico. O aspecto psicolóxico de ver un grupo unido, conxeniado e que remen todas cara o mesmo lado, á hora da verdade pódeche dar moito máis que os outros aspectos do xogo”.
Rival
“Realmente criamos que ía a ser, cando ves o calendario sempre pensamos que ter o último partido co Comercial podería ser o día onde nos xogásemos un pouco todo pero as circunstancias fixeron que non fose así pero esperamos un Comercial con gañas de competir e que sexa un partido que a nós nos valga moitísimo. De feito, se o Comercial xoga ao 110% é o mellor que nos pode pasar a nós, sobre todo pensando no que nos poder vir diante”.
Jenny
“Está claro, pensando na próxima semana, cantas das mellores estean delas mellor que mellor e así poder ensaiar en todas as facetas do xogo. Foi unha mágoa que Jenny acá non puidera vir pero verémola alí e obrigaranos a estar moi atentas a ela”.
Record
“Tampouco é un dato no que nos pensemos moito. Neses aspectos non estamos moi atentas e realmente, o que queremos é mellorar, prepararnos para o playoff e evidentemente, se consigues algo así e algo que queda pero se non fose tampouco nos preocuparía sempre e cando o traballo do fin de semana fose bo”.
Rocío
“Por un lado, eu penso que Rocío vai chegar ao playoff si ou si e mais coñecéndoa a ela e por outro lado, vistos os adestramentos, visto algún amigable que estamos xogando estes días, sabemos que con Lidia estamos cubertas sen ningún tipo de problema tamén”.