Visita amistosa ó Carballedo CF

Aproveitando o parón desta semana nos distintos grupos da 2ª división autonómica feminina visitamos as nosas novas amigas do Carballedo CF, equipo de recente creación que disputa a competición no grupo primeiro.

Fomos excelentemente recibidos no Catro Ventos de A Barrela, nome moi acertado para o campo, xa que o frío apoderouse de todos os asistentes ao partido.

Alonso aproveitaba o partido para probar variantes en ataque ensaiadas nos derradeiros adestramentos. Chegaba o equipo coas baixas de Sabela Meno, Andrea, Zaira, Nicole, Alba e Cae pero eran cubertas por Aitana fichaxe de fai dúas semanas procedente do Peroxa CF e que debutaba cas nosas e Feijóo, que está compartindo adestramentos durante as últimas semanas cas nosas e tamén se animou a viaxar ata A Barrela e disputar unhos minutos.

Os primeiros momentos foron, en termino puxilístico, de marcaxe, os dous equipos querían coñecer como xogaba o contrario antes de dar o seguinte paso.

Co paso do tempo chegaron as ocasións, Aitana non fallaba a primeria que tiña e adiantaba no marcador as ourensás.
Logo, aproveitando algúns erros defensivos das locais, as pupilas de Alonso Méndez, colleron máis distancia.

Mediada a primeira parte Alonso empezou o carrusel de cambios para probar a varias xogadoras en diferentes postos e sobre todo que as que teñen menos minutos en liga vaian collendo forma cara os próximos compromisos.

En definitiva, foi un bo adestramento para os dous equipos, moito máis parellos do que reflexou un marcador final que non ten importancia neste tipo de encontros.

A segunda parte foi moi parecida á primeira, Alonso incidiu moito en probar variantes defensa ataque e igualmente cambios de posición de algunhas das xogadoras que estaban no campo.

Alonso se retiraba satisfeito polo traballo das suas e dende a directiva moi contentos de ter unas novas amigas coas que no futuro pensamos ter máis contacto e realizar máis actividades conxuntas. Gracias Carballedo!!!

Check Also

Vitoria ‘C’-Rosalía: a pola segunda vitoria seguida

O noso equipo, que encadea dez xornadas sen perder, busca seguir o refacho no Santa …

Skip to content