Derradeira xornada da segunda fase de concentracións da Liga Galega Promesas que nos leva ata Santiago de Compostela no Campo de Santa Isabel.
Nesta fase só hai xornada do grupo “A” e antóxase definitiva, xa que dos catro partidos que ten a concentración en tres xóganse a clasificación para a finalísima algún dos equipos.
Tanto a SD Orzán, como nós e o anfitrión Victoria FC temos posibilidades de chegar á final e só a SD Orzán depende de do tropezo dalgún dos outros equipos implicados.
Pola nosa banda enfrontámonos á SDC Milagrosa de Lugo, un equipo que comezou ben esta fase pero que chega sen posibilidades o cal pode beneficiar as nosas. Por outra banda nosas pequenas deben de gozar da experiencia e ser quen de canalizar a “responsabilidade” do partido para aprender da experiencia, sen deixar de lado os obxectivos marcados por Alba tanto de bo xogo como de deportividade. Contamos ca baixa confirmada por lesión de Lucía Nóvoa cun problema muscular que a terá apartada dos terreos de xogo durante un par de semanas, ánimo Lucía.
Sería moi bonito, despois da sorprendente clasificación do Rosalía “B” de Juanma, poder estar representados na primeira fase final da Liga Galega Promesas por dous equipos do noso clube, o que suporía un extraordinario premio para o traballo que levan feito todas e cada una das nosas pequenas xogadoras, que nun futuro non moi lonxano van a ter moito que dicir nos terreos de xogo do fútbol galego.
A por todas Rosalías!!!