Vitoria e seguir progresando

A EFF Rosalía Infantil volveu a gañar en casa tras imporse con solvencia ao SpC San Mateo por seis goles a cero nun partido redondo dominado de principio a fin polas pontinas.

Partido cómodo para as pontinas o disputado na maña do domingo entre a Escola de Fútbol Feminina Rosalía e o SpC San Mateo no Municipal de Oira. O ‘talón de Aquiles’ foi a frío e a choiva que facía que as nosas cometeran moitas imprecisións na circulación do balón pola rapidez do terreo de xogo.

A pesar de adiantarse aos 2′ minutos de xogo na primeira chegada á área de Laura. Sara xera o perigo desde o carril dereito e asiste a Sabela que, sen oposición, colócaa no fondo da rede. A partir dese momento, o mal tempo xogou máis que os equipos, as azuis non se atopaban cómodas, fallando pases, controles sinxelos e con moita precipitación, sen xerar demasiadas ocasións claras de gol. O encontro parecía encamiñado ao 1-0 na primeira metade, pero un rexeite en área pequena, na última xogada antes de ir a vestiarios, remátao Sofía aumentando as distancias no ‘luminoso’.

O dominio das pontinas aumentou tras a continuación, pero esta vez xerando moito perigo e ocasións claras. Ao minuto de volver ao campo, Candela Losada sentencia cun bo chute desde fóra da área ao que nada puido facer a gardameta visitante (3-0). Oito minutos despois, concretamente no 49′, unha xogada fortuíta acabou de minar a moral das ponteareás. Andrea únese ao ataque local e seu tiro desde fóra da área rebota en Laura González despistando a Laura López.

‘Hat-trick’ de Sofía
A vitoria quedadou sentenciada tras outros dous goles de Sofía. A dianteira non dubidaba nun man a man ante Laura aos 53′ minutos e completaría o seu particular ‘triplete’ a tres minutos do final ao aproveitar, novamente, unha xogada que a deixaba soa ante a gardameta rival asinando o definitivo cinco a cero que mantén a serie positiva das nosas en Liga.

A pesar dunhas condicions climatolóxicas moi adversas, o equipo de Quique e Castro conseguiu correxir as imprecisións na salida de balón e rematar o partido co dominio total do xogo. Para os técnicos, o equipo “está traballando moi ben, cun ritmo anotador bestial e pechando a nosa portería. A única asignatura pendente segue sendo a movilidade no centro do campo, traballo que as xogadoras irán mellorando pouco a pouco nos adestramentos”.

Check Also

Derrota do Infantil ante un superior Mos

As azuis non puideron puntuar no Municipal de Oira ante o líder da categoría. A …

Skip to content