Arranca a campaña de simpatizantes 2020/2021

A Escuela de Fútbol Femenino Rosalía comeza a campaña de simpatizantes para a tempada 2020-2021, que está enfocada na importancia de cada colaborador, para seguir construíndo o noso proxecto e baixo o lema “A nosa causa, a nosa cultura, a nosa chamada”.

A importancia de ser simpatizante
A figura do carné de simpatizante creouse para aquelas persoas ou entidades que desexan aportar unha axuda ao club, converténdose no xesto de apoio máis importante que unha persona de a pé pode facer pola nosa escola. A entrada a os partidos dos diferentes equipos do club é gratuita e o carné a única ventaxa que ten é a de descontos nos productos de merchandising da nosa tenda online, pero os 20€ anuais que costa son de gran apoio para o noso proxecto.

Nesta ocasión, o club fará de obsequio un agasallo exclusivo: un chaveiro personalizado da EFF Rosalía. É un agasallo simbólico pero como cada ano, o club ten a norma de agasallar a cada simpatizante cun producto de merchandising do club.

A tempada pasada conseguimos chegar aos 212 simpatizantes, os carnés renovados veñen personalizados co número e o nome do simpatizante e este ano marcamos como obxectivo chegar aos 300 simpatizantes o que sería un bo impulso para o manteñemento da escola.

¿Onde podo facerme simpatizante?
Os afeccionados da Escuela de Fútbol Femenino Rosalía xa poden renovar ou darse de alta como simpatizantes do club de modo presencial, contactando con calquera membro da directiva ou xogadoras, ou a distancia a través da tenda online e enviámosche o carné ao teu domicilio. Tamén existe a opción de contactar connosco por medio das nosas redes sociais ou no noso mail.
Para facer o pago da cuota anual habilitamos tres opcións: en metálico, por transferencia ou vía paypal.me/effrosalia

Colabora con nós e axúdanos a expandir a febre azul!!

Check Also

Convivencia de fútbol San Cibrao das Viñas

Nosos alumnos da escola do CEIP A Ponte estarán presentes na primeira Convivencia de fútbol …

Skip to content