Primeira derrota en casa do curso

As azuis caen ante o Lóstrego por 1-3 en O Seixo perdendo a imbatibilidade en casa

A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía Infantil caeu por 1-3 en O Seixo de Santa Cruz de Arrabaldo e ve cortada a súa boa actuación en casa ao encaixar a primeira derrota do curso como local. O Lóstrego endosou un 0-3 na primeira metade a unhas azuis que intentaron meterse no partido na segunda parte grazas ao gol de Alma Luque.

Nin no peor dos casos o Infantil podería atoparse con semellante escenario. Catro minutos fatídicos a piques de terminar a primeira metade sentenciaron o partido para as visitantes. As azuis entraron moi ben ao partido, sendo moi superiores ao rival os primeiros 15 minutos do choque, chegando o perigo polas dúas bandas locais. A ocasión máis clara nas botas de Victoria, o seu tiro peta no larguero. A contestación das visitantes foi fulminante. Empezou dominando o medio campo e en catro minutos marcou distancias. 

Tres goles do 31′ ao 35′
Rompián o choque as xogadoras de Oscar Vila en catro minutos de vértigo, do 31′ ao 35′. O primeiro chega a balón parado, córner a favor e o remate de Valentina adianta ás gondomaresas. Tres minutos despois, o segundo. Xogada pola esquerda e balón ás costas de Candela Currás para que Luna non falle ante as dúbidas na saída de Aldara, 0-2. O golpe definitivo, nada máis sacar de centro, xogada sen perigo pola banda dereita e o centro-chut de Lua toca en Lucía Torres despistando a Aldara. Gol que afectou anímicamente moito ás azuis.

Á volta de vestuarios, as xogadoras de Diego Castro saíron co convencimiento de que deixando a portería a cero terían opcións para meterse no partido. E así foi, aos dez minutos, Victoria plántase soa diante de Cristina, ante a saída da porteira cede a Antia, pero falla a porta baleira na ocasión máis clara de todo o partido. Rosalía era a clara dominadora do xogo na segunda metade, xogando gran parte do tempo en campo rival. A piques de terminar o tempo reglamentario acurtarían distancias por medio de Alma. A centrocampista anotaría depois dun roubo de Nair no centro, seu pase en profundidad o remata Alma. Ainda habería unha máis de Candela Currás. Novamente a xogada empeza nas botas de Nair, que asiste ás costas das defensas a Victoria, seu centro o remata alto a defensa. Xa non había tempo pra mais.

Ao término do encontro, Diego Castro sinalaba que “temos que corrixir os erros que nos custaron o partido en apenas dez minutos. Malia iso o equipo soubo repoñerse e merecemos puntuar”.

Check Also

O Infantil cae derrotado ante o Lóstrego CF (0-7)

As azuis non puideron puntuar en casa ante un rival moi superior. A Escola de …

Skip to content