0-14: O sénior golea en Gondomar

Os tantos de Vicky (4), Ester (3), Sabela (2), Chao (2), Feijóo, Laura e Tatiana (p.p.) certifican o triunfo dunha Escola de Futbol Feminina Rosalía que saiu cun ‘once’ cunha media de 15 anos de idade.

A Escola de Fútbol Feminina Rosalía sumou tres puntos máis no Municipal das Cercas e segue no segundo posto da clasificación do Sub-Grupo V da 2ª División Autonómica Feminina. As de Tobaruela, que continúan a súa serie de vitorias, lograron ante o Gondomar o seu duodécimo triunfo no campionato nun encontro que dominaron de principio a fin e no que viron o ‘póquer’ de Vicky e o debut de Karla. Un remate de Laura alumeou o camiño do triunfo para o noso equipo, que sentenciou na primeira parte con dúas tantos de Ester, outros dous de Sabela e o primeiro de Vicky, ao que hai que sumar o de Tatiana en propia porta. O senior suma e segue, destacando o once de inicio de Pere Tobaruela cunha media de idade de 15’6 anos.

Once da EFF Rosalía no Municipal de As Cercas.

O noso equipo saíu dominador desde o inicio e marcou ao minuto de xogo, Laura remata un córner sacado por Candela. Rosalía saíu a sentenciar canto antes e a punto estivo de chegar do segundo noutra xogada calcada ao primeiro, pero o remate de Laura no minuto 9′ pega no pau. Cinco minutos despois, Ester mete o pé no medio dun barullo na área e marca o segundo, a xogada iníciase noutro córner executado por Candela. Seguiu ao seu o equipo dirixido por Tobaruela, abrigo creando perigo desde o sector esquerdo. Candela profundiza pola banda, cambia o xogo cara a Sabela e a centrocampista non dúbida en chutar a gol (0-3). Unha vez superada a metade do medio tempo, Vicky anota o primeiro da súa conta. Boa xogada en área, Sabela cede á dianteira, que levanta a mirada e dispara cruzado para bater a Tatiana. As locais pouco podían facer ante o bo xogo colectivo das azuis, xerando perigo en cada chegada e así chego o quinto. Ester ve desmarcada a Sabela e a barbadase marca desde o bordo da área. Tatiana foi a protagonista nas tres seguintes chegadas con senllas intervencións a disparos de Vicky, pero coa mala sorte de despexar dentro da súa portería un córner que saca Candela e Vicky remata camiño de gol. Xa co tempo cumprido, Sabela filtra o esférico a Ester, plántase soa ante a gardameta rival e non falla.

Karla, porteira do infantil, debuta no equipo senior

Así se chegou ao descanso e tras o paso polos vestiarios Karla entrou por Rocío, debutando co equipo senior, mentres que Chao ampliou distancias cun disparo cruzado tras escapar en velocidade da sua defensa no 46′. No 49’ chegou o noveno gol do noso equipo, segundo de Ester. O partido seguía, por tanto, moi de fronte para as pontinas e Tatiana demostrou os seus reflexos no 63’ e 64′ ao deter senllos disparos de Sampayo e Vicky. Un minuto máis tarde marcou de novo Vicky e esta vez si subiu ao marcador. Candela ‘Magic’ Bouzas, no partido de onte, sumo unha nova asistencia, asistiu de primeiras e cun precioso toque co exterior, a pequena dianteira axustou o balón e superou a Tatiana. Non foi o último tanto do encontro. Nos últimos 15 minutos aínda houbo tempo para anotar outros catro. Chegou no 75’ e o seguinte foi obra de Feijóo cun zurdazo desde o bordo da área. Sampayo “disfrazouse” de Candela no 0-12 e 0-13 ao asistir a Chao e Vicky para que as dianteiras aumentasen a súa conta particular. O marcador pecharíase cun gol ‘marca da casa’ da máxima goleadora azul. Vicky, escapa en velocidade ás costas das centrais e non falla no man a man ante a gardameta gondomaresa. Tres novos puntos para o segundo clasificado da liga, que ademais non encaixou gol.

Check Also

Rosalía-Praiña: a pola terceira vitoria seguida

O noso equipo, que encadea dúas vitorias seguidas, busca seguir o refacho no Municipal de …

Skip to content