O Cadete consegue unha importante vitoria ante Bergantiños.
A Escola de Fútbol Feminina Rosalía Cadete puxo fin aos seus encontros en casa esta tempada cun partido de gran importancia para poder conseguir o subcampeonato da Fase Consolación da liga Galega Cadete. En fronte, o Bergantiños, un equipo duro de roer que tamén loitaba por esa posición.
As visitantes foron as primeiras en crear perigo en área rival cun tiro desde a frontal de Clara que salgue desviado. A resposta azul chegou das botas de Miriam, o seu ‘chute’ centrado o bloca sen problemas Aldara. Dous minutos despois, concretamente aos oito de xogo, Antía recupera o esférico no centro do campo, combina con Sanmiguel e o seu centro ás costas da liña defensiva rival contrólao Clau, entra no área rival e centra ao segundo pau onde Antía envía ao fondo da rede (1-0). As de Alberto Tamayo seguiron buscando a velocidade de Clau para crear perigo no sector defensivo rival. Non houbo máis chegadas ata pasada a media hora de xogo, Nair probou sorte de lonxe pero Aldara detén sen problemas.
Durante a segunda metade, os dous equipos tentaron impoñer o seu xogo sobre o do rival. Lucía Torres puxo en aprietos á gardameta rival aos tres minutos da continuación. Ao bordo da hora de xogo, a centrocampista rematou en zona de perigo pero o seu disparo saíu alto. Bergantiños non conseguía superar o despregamento defensivo das pontinas, aínda que Antía Rojo tivo a máis clara no 72′ ao presentarse man a man ante Paula e non poder superar na saída á nosa gardameta. Clau respondeu na xogada posterior, Aldara despexou a córner. Rosalía seguía buscando o gol da tranquilidade pero o resultado non se moveu. As de Tamayo suman tres puntos máis e avanzan un posto na táboa clasificatoria á conta do Bergantiños. Na último xornada espera Tomiño, segundo clasificado cun punto máis que as pontinas.