O Cadete viaxa a Tomiño para pechar a competición ante o equipo local

As de Tamayo mídense ao segundo clasificado en busca dunha vitoria que as colocaría por encima das tomiñesas.

A Escola de Fútbol Feminina Rosalía Cadete visita este sábado ao Tomiño FCF. As pontinas, que afrontan o seu último encontro ante o segundo clasificado co posto en xogo. Non será nada fácil, xa que as tomiñesas están a mostrarse moi competitivas en casa, marcando 17 goles nos seu últimos catro partidos.

Pero mañá será un partido novo, unha batalla distinta nas que as de Tamayo buscarán precisamente eso, máxima competitividade nun escenario que non se deu ben esta campaña. É por eso que se afronta como un reto e unha nova oportunidade para continuar crecendo nos diferentes matices. Cabe destacar que na primeira fase e a pesar de a derrota, o noso equipo tentar ata o último minuto. Así pois, ese debe ser o punto de partida, ademais de competir desde o minuto un ante un rival que vén de gañar os seus últimos catro encontros.

Con todo iso e coa arbitraxe do colexiado Pablo González Rodríguez, a cita da oitava xornada dará comezo ás 11.15 horas no Municipal de O Alivio.

Check Also

O Azul dobrega ao Amarelo no derbi da Liga Cadete

Nun derbi vibrante, con gran ambiente nas bancadas, os goles de Xiana serviron para levarse …

Skip to content