1-0: Vitoria ante o Umia no último partido da 1ª Fase

Un gol de Zaira no 78′ deu o triunfo ás de Tamayo no Municipal de Oira.

Importante triunfo da Escuela de Fútbol Femenina Rosalía contra o Umia no Municipal de Oira para asinar a quinta xornada sen perder consecutiva na Liga, manténdose invictas en casa e toda a segunda volta. Un tanto de Zaira a dous minutos do tempo reglamentario sentenciou o partido para sumar os tres puntos e así manter a sexta posición definitiva na 1ª fase. O noso equipo estará pendente a espera de noticias da Futgal, para disputar o ‘Título consolación’ entre os equipos situados entre os postos 5º e 10º da táboa clasificatoria.

O partido foi moi igualado durante os 80 minutos.

Nun comezo igualado, ningún equipo chegou a crear ocasións claras de perigo ata unha vez cumprido o primeiro cuarto de hora de xogo. Entón, o noso rival puido adiantarse cun dobre tiro de Nuria tras un córner botado por Claudia Moreno que detivo en dúas ocasións Valeria. Minutos despois, Claudia Castro tivo a mellor oportunidade do primeiro tempo logo dun erro de Alba ao ceder o balón á súa porteira, pero o remate da dianteira desviouno Lucía Blanco na liña de gol evitando o tanto. O Umia tamén o intentou antes do descanso pero sen crear perigo na portería de Valeria.

Zaira sentencia nos últimos instantes
Rosalía entrou na segunda parte con intensidade. Primeiro intentouno Nerea na ocasión máis clara do partido, pero o seu disparo saíu fóra coa portería baleira tras un pase de Claudia ante a saída da guardameta rival. As ‘viquingas’ tamén puideron abrir o marcador tres minutos despois cun bo remate de Nuria que Valeria rexeitou cunha fantástica estirada. Tras esta xogada, Lucía Blanco acariñou o gol cun tiro desde o bordo do área pequena que se marchou desviado. Chegados á hora de partido, Lidia probou fortuna cun incrible zurdazo desde a frontal que detivo Sara. O traballo das azuis terminou dando os seus froitos a falta de dous minutos para o término do tempo reglamentario grazas a Zaira, que soubo aproveitar un balón de Lidia no frontal do área para decidir o encontro co 1-0.

Check Also

O Azul dobrega ao Amarelo no derbi da Liga Cadete

Nun derbi vibrante, con gran ambiente nas bancadas, os goles de Xiana serviron para levarse …

Skip to content