Victoria, goleadora en todas as categorías

A pequena dianteira do equipo Infantil convértese na primeira xogadora en marcar en todas as categorías posibles do club ao lograr marcar na vitoria da pasada xornada co equipo sénior.

Victoria Carnero El Failai (Ourense, 2008) convértese, por méritos propios, na primeira xogadora en marcar en todos os equipos da Escuela de Fútbol Femenina Rosalía nunha mesma tempada. A pequena dianteira do equipo Infantil lograba o fito no último partido disputado polo equipo sénior ata a data.

A xoven dianteira de 13 anos está destacando esta campaña pola súa capacidade goleadora. Co seu equipo, a EFF Rosalía Infantil, leva un total de 20 goles repartidos do seguinte xeito: 16 na 1ª Fase, sendo a segunda con mellor coeficiente do seu grupo, detrás de Luna do Lóstrego, con 1,7778 goles por partido; mentres que nas tres xornadas da 2ª fase é a pichichi con 5 goles en 3 partidos, empatada con Paula do Valladares e Daniela do Colexio Obradoiro.

Victoria destaca pola súa garra e velocidade.

Victoria estreouse esta tempada aos tres minutos do primeiro partido (0-1) fronte a Atlético Arousana. Partido no cal non puido evitar a derrota do seu equipo (4-3) malia asinar o seu primeiro ‘Hat-trick’ do curso. A sua mellor racha goleadora asinouna nos tres últimos encontros da primeira fase, onde logro tamén o seu primeiro ‘póker’, anotando 9 goles neses tres partidos. O seu debut coa EFF Rosalía Cadete produciuse o pasado 27 de novembro, conseguindo o gol do triunfo nun igualado partido fronte ao Lóstrego (2-1). Pechou o círculo aos dous minutos de entrar no campo, logrando dous tantos na goleada por 0-16 fronte a Gondomar, na xornada 19 da 2ª División Autonómica Feminina.

Deste xeito, a dianteira, convértese na máxima realizadora do club con 23 goles en todas as categorías nas que pode xogar.

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Skip to content