1-0: Paso atrás

A EFF Rosalía Infantil cae ante o Obradoiro no San Pedro de Visma cun solitario gol de Daniela na primeira metade.

Caeu a Escuela de Fútbol Femenina Rosalía na súa visita a Santiago. E fíxoo cun solitario gol de Daniela no minuto 13 nun encontro no que custou asentarse que acabou levándose o conxunto local tras un bo inicio na primeira metade.

A primeira parte presentou alternativas no xogo. Empezou mellor o cadro santiagués, cunha boa presión na saída de balón, produto do que chegou o gol. Daniela non falla no man a man ante Aldara (1-0; min. 13′). Aínda que as azuis metéronse no partido tralo gol local e achegándose ás inmediaciones da portería defendida por Julia Galán, sobre todo con chegadas de Candela Losada. Puideron empatar as pontinas mediada a primeira metade con dous disparos ao travesaño de Victoria no minuto 20′ e Sara a piques de finalizar.

Na segunda metade deu un paso adiante o cadro de Castro, que saíu convencido na remontada, pero chegou a mellor oportunidade local tras unha derriba de Aldara a Daniela que Andrés Cabana sinala como penalti. O posterior lanzamento sae fóra. Sucedíanse as chegadas, centros, o embotellamento era total ante o repliegue das suas dez xogadoras ao borde da área. A última ocasión mais clara estivo nos pes de Victoria, que nun balón morto na área pequena consegue xirarse pero o seu disparo sale blando as mans de Julia. Non puido ser e o equipo de Castro acabou derrotado. Tocará reaccionar o sábado ante líder, Xuventude de Crendes.

“É complicado explicarlle as rapazas como se pode perder un partido sendo tan superior ao rival, pero o resultado non é o importante. Temos que estar orgullosos do progreso que están a levar a cabo as nenas, individual e colectivamente”, sinalou o técnico ao remate do partido.

Check Also

O Infantil cae derrotado ante o Lóstrego CF (0-7)

As azuis non puideron puntuar en casa ante un rival moi superior. A Escola de …

Skip to content