10-0: Goleada para reforzar a moral e homenaxear a Rosalía

A EFF Rosalía imponse claramente a Balaidos cun póker de Fara e os goles de Lidia (2), Patricia (2), Ana e Zaira.

A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía volveu á senda da vitoria no Municipal de Oira grazas a un contundente e merecido triunfo fronte ao Balaidos CF por dez goles a cero. Sen freo. O conxunto dirixido por Miguel Saa soubo aproveitar os erros e as baixas das visitantes na primeira metade. Na reanudación, cos cambios, non só de xogadoras senón tamén de posicións, atoparon máis espazos para poder xogar e ampliar o marcador.

Nos prolegómenos as xogadoras agasallaron as suas rivais cun poema e unha flor.

Que primeiro tempo. As pontinas entraron ao partido enchufadísimas, sen que a derrota anterior en casa fixésenlles mella. Na primeira chegada ao área aos dous minutos, Fara deu o primeiro aviso do que sería o seu partido, pero o seu tiro sae desviado. Inmediatamente despois, tripla ocasión de Ana, pero os seus tres tiros consecutivos son bloqueados definitivamente por Mahine. A continuación intentouno Patricia, o seu disparo deteno a gardameta novamente. Nada puido facer Mahine na seguinte. Fara recibe na esquerda e o seu tiro bombeado cóase pola escuadra, 1-0 aos 9 minutos. Golazo. Unha vez conseguido abrir a lata, case sen tempo de celebralo, Ana, cun disparo axustado desde a frontal, marca o segundo logo dunha gran xogada individual de Bea. As pontinas seguiron buscando a portería rival e grazas a unha combinación por banda de Noui e Fara, Patricia marca para ampliar a diferenza. Antes do descanso, Sequeiros é substituída con molestias por Zaira. Bo xogo e, o máis importante, chegando con perigo ao área visitante, co que se amplía a vantaxe no marcador grazas a un novo tanto de Fara tras xogada individual e Zaira, que non falla no man a man ante Mahine dentro do área.

O partido quedou sentenciado na primeira metade.

O partido, con 45 minutos por diante, xa quedou sentenciado. A exhibición goleadora azul non terminou aí. Si o dominio xa era notable ata agora, a volta de vestuarios aínda máis. A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía seguiu xogando e exhibindo o seu potencial, en especial no aspecto ofensivo, ampliando aínda máis o marcador. Patricia foi a protagonista ao comezo da segunda metade. Primeiro cun tiro axustado ao pau e logo aproveitando unha asistencia de Aida para subir o sexto, segundo da súa conta. Sen tempo para comentalo, dous máis. Lidia intérnase no área logo dunha boa recuperación e ante a saída de Mahine cede a Fara, que marca a porta baleira. Dous minutos despois, a goleadora é Lidia, que non falla ante a gardameta rival tras aproveitar un pase en profundidade de Ana. As ocasións non paraban de chegar e con elas máis goles. Aldarita rouba no medio, abre o xogo á internada de Ana e o seu centro ao área remátao Lidia no segundo pau, 9-0 a falta de nove minutos para o final. Pecharía o marcador Fara. Zaira recibe á saída dun saque de banda, centra ao área e o remate da interior non consegue detelo Mahine, que ve como o balón cóase dentro do seu portería.

Tres puntos máis para superar na clasificación a Peñasco e colocarse nunha privilexiada terceira praza.

Check Also

Rosalía-Boiro: A fase de ascenso en xogo

As de Tamayo mídense ao segundo clasificado co obxectivo de acurtar a súa vantaxe de …

Skip to content