2-2: O Cadete loitou ata o final

Nerea e Lidia marcaron os goles da Escuela de Fútbol Femenina Rosalía, que tivo ocasións para levarse a vitoria.

A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía sumou un punto en casa contra o Sárdoma nun partido no que contou con ocasións para levarse o triunfo, entre elas dous remates nos últimos minutos. O encontro púxose moi pronto de cara para as pontinas. No minuto 4, Nerea recolleu un balón de Lidia dentro do área para asinar o 1-0. A pesar do gol a favor, o noso equipo viu como once minutos despois lle empataban o partido. Xogada polo flanco esquerdo que recibe Elisa, non dubida en tirar e o rexeite de Valeria acaba no fondo das mallas. A insistencia das visitantes deu os seus froitos nuevamente no 16′. Elisa puxo un córner no área pequena e Noa Buceta remata coa cabeza, Valeria despexa en semifallo e Eva roza o balón coa cabeza para envialo ao fondo da rede.

Ambos equipos puideron marcar antes do descanso, pero quen se levou o gato ao auga foron as locais. No minuto 37, Lidia recolleu un balón en área pequena despois do remate de Lucía Caride a un centro da propia interior e aproveitar un fallo na recepción de Silvia Rodríguez, gardameta visitante. No tempo de desconto, Lidia estivo moi preto de certificar a remontada pero o seu remate detívoo Silvia.

Un mal control de Silvia premitiu o segundo gol das azuis.

Na reanudación, Lucía Varela, debutante o sábado, probou os reflexos de Silvia de lonxe, a gardameta blocou sen problemas. As mellores ocasións do segundo tempo chegaron a quince minutos do final, con tres bos intentos de Lidia que terminaron fóra dos tres paus por pouco ou tras unha gran intervención de Silvia. Rosalía buscou o gol ata o final, pero o partido finalizou empate a dous. As de Sobrino, que encadenan cinco xornadas de Liga sen perder en casa, suman un punto ante un dos mellores equipos da categoría e seguen mantendo a súa feudo invicto durante 2022.

O técnico azul analizaba o encontro ao final do mesmo: “Foi un partido moi disputado onde fomos de menos a máis e onde acabamos tendo as mellores ocasións, aínda que sen acerto de face ao gol. Ao final, a falta de contundencia en varias xogadas, tanto ofensivas como defensivas, non nos permitiron levarnos os 3 puntos”.

Check Also

Fin de semana da Liga Cadete

Vitoria do ‘Amarelo’ e derrota do ‘Azul’. Fin de semana de compromisos oficiais para os …

Skip to content