Zaira (3), Sabela (3), Noui (3), Aida, Yadira, Besada, Isis, Alba, Lidia e Noa Domínguez asinaron os tantos do equipo azul no Monte da Aira.
Pouco máis se lle pode pedir á Escuela de Fútbol Femenino Rosalía no seu regreso ao Monte da Aira 414 días despois. As azuis golearon ao Monteforte no segundo partido da Liga 2020/21 e convenceron cun partido no que mostraron concentración e seriedade dende o inicio. De feito, o seu arranque foi demoledor. En só 24 minutos xa marcaran catro tantos e deixaron decidido o encontro pola vía rápida.
Aida, que viu porta por primeira vez esta tempada, vestiuse de asistente, mentres que Zaira, Sabela e Noui marcaron senllos Hat-tricks. No primeiro, Noui aprovéitase dun erro no despexe de Jellian no minuto 12. No segundo, triangulación entre Aida e Zaira, que aproveita a centrocampista para coarse entre as centrais e marcar a pracer. Entre medias, unha ocasión do Monteforte aproveitando un erro de Ainara no que Ainhoa asiste a Laura Correas pero Yadira e Isis reaccionan rápido para cortar a xogada dentro do área. No terceiro, minuto 20, mesmas protagonistas que no anterior. Aida cede en profundidade a Zaira, escorada á dereita colócaa ao pau contrario no primeiro da súa conta. Catro minutos despois, Isis pasa ás costas da defensa monfortina, que Noa Domínguez resolve ante a saida de Jellian, que pouco máis podía facer coa lesión que arrastraba dende o comezo do partido.
Dez minutos tolos
As azuis estaban desatadas, gozando sobre o céspede e facendo gozar á grada. Unha vez cumprida a media hora chegaron outros catro goles en 10 minutos. Gran xogada no 33, Ainara cede a Noui, que entra no área para asistir a Zaira, que soamente ten que empuxala para marcar o quinto. No sexto (35′), novamente comeza a xogada en Ainara, que vendo o oco entre lateral e central, asiste a Sabela que fusila desde o bordo do área. Antes do sétimo, dúas ocasións, unha por equipo. Laura Correas asiste a Henar que remata forzada e a continuación, nova escapada de Noa Domínguez pola dereita e o seu centro-chut estrélase na cruceta. Xogada preludio do terceiro de Zaira (39′), esta vez un erro no control de Laura Rivas é aproveitado por Aida para asistir a dianteira, que coa porteira adiantada, marca desde 30 metros. A piques de rematar a primeira metade, Sabela chuta e o balón pega na man de Laura Rivas. Yadira, malia tocala Jellian, non falla desde os once metros.
Así chegou o descanso, aínda que as locais tiveron máis oportunidades para marcar debido ao lastre da lesión da porteira monfortina. O primeiro foi de Lidia, que aproveita a asistencia de Aida en boca de gol aos cinco minutos da reanudación. No 62, Alba, de libre directo tras falta sobre Noui, amplía a vantaxe. Tan só cinco minutos despois, Noui aprovéitase dun despexe de Sequeiros que controla mal Carmen (xogadora de campo que tivo que substituír á lesionada Jellian) e emboca a porta baleira.
Outros cinco nos derradeiros 15 minutos
As monfortinas,a pesar do resultado, seguiron intentando saír co esférico xogado e facer o seu fútbol pero os goles non acabaron. Sabela, tras parede con Alba, Isis á saída dun córner, Marta Besada, que aproveita un saque rápido de Ainara para quedarse soa ante Carmen e nuevamente Sabela, aproveitando un pase en profundidade de Besada, colocaron no marcador a maior goleada da EFF Rosalía na súa curta historia.