Iván Canal recibe a homenaxe do club

O 1 de xullo de 2020 deixou o club o que fose o seu adestrador na campaña 2019/20.

tO 1 de xullo de 2020 se formalizaba oficialmente a non continuidade do que foi o adestrador da Escola de Fútbol Feminina Rosalía durante a campaña 2019/20. Durante a súa dirección, o primeiro equipo tivo un balance de 12 vitorias, 2 empates e 7 derrotas, colocado na sexta táboa clasificatoria no momento que as autoridades sanitarias suspenderon toda actividade deportiva por motivo da pandemia.

Canal, recibía este domingo unha pequena homenaxe, con motivo do primeiro partido en casa da tempada, para agradecer públicamente o seu labor no club coa entrega dun cuadro conmemorativo da sua estancia na escola. Un labor que destacaba pola súa preocupación na formación, tanto futbolística como persoal, das súas xogadoras. No apartado deportivo, a pesar de non completar a tempada polos motivos anteriormente expostos, conseguiu mellorar os números do seu antecesor, Alonso Méndez, logrando unha racha de sete partidos sen coñecer a derrotar e colocar ao equipo na sexta posición na Liga.

Canal posa co agasallo conmemorativo xunto a Lidia, unha das xogadoras que fixo debutar.

Canal tamén fixo debutar a catro xogadoras do equipo infantil, LidiaEster, Cuquejo e Sara tiveron os seus primeros minutos no primero equipo baixo a batuta dun adestrador tamén preocupado polas xeracións que chegan dende abaixo, chamando a adestrar coas senior a algunhas xogadoras máis.

Check Also

Un ano mais colaboramos con Operación Quilo

A campaña alcanza os 37 anos de actividade e pódese doar roupa, xoguetes e comida …

Skip to content