Saa: “Viuse o equipo con máis soltura”

Gañar, sempre é positivo, e máis nunha competición tan curta e disputada como vai ser esta, hoxe quizais o xogo sexa algo mellor, e viuse o equipo con máis soltura, declarou o adestrador da EFF Rosalía.

Miguel Saa compareceu ante os medios nunha rolda de prensa telemática tras lograr a vitoria ante a ADC Monteforte: “O partido foi bastante desigual, xa que conseguimos romper o marcador nos primeiros 15 minutos. O equipo aínda que saíu con 5 cambios con respecto ao fin de semana pasado saíu coa mesma fame e as gañas que lles pedimos e ao final iso marcou o abultado do resultado”.

“Gañar, sempre é positivo e máis nunha competición tan curta e disputada como vai ser esta, hoxe quizais o xogo sexa algo mellor e viuse ó equipo con máis soltura”

Resultado abultado
“Si, realmente a diferenza notouse, hai que ter en conta que elas viñan con algunha baixa importante. Ademáis é o seu primeiro ano de competición e, logo do que lles pasou a primeira xornada, poderíase dicir que o de hoxe foi o debut para moitas das súas xogadoras, e acaboulles pesando demasiado. As nosas xogadoras trataron de competir durante todo o partido porque ao final elas teñen que ser conscientes que esto é unha competición interna tamén onde compiten entre elas para lograr ese posto no once”.

Liderato
“Estamos líderes, pero do mesmo xeito que dixen o pasado venres, ata pasada a primeira volta non se pode considerar demasiado real posto que hai equipos con menos partidos. Está claro que sempre é mellor verse primeiras, aínda que agora só queda pensar no partido da Milagrosa”.

Sánchez da instruccións nun lance do encontro.

Unha vez rematado o encontro, Ramón Sánchez atendeu á web do club para comentar a súa visión do ocorrido no partido: “Viñamos eiquí sabendo que o rival seguramente era de categoría superior á nosa nesta liga tan curta. Sabiamos que tiñan un potencial ofensivo importante, xa que viñan de marcar sete goles e a última hora tivemos que vir sen a única porteira que temos e ir improvisando. O que tiñamos previsto véuxenos abaixo coa lesión e encaixar tan axiña o primeiro gol, que ante un equipo que ten outras miras que non ten o noso fai que o acabes pagando”.

Lesión
“De inicio xa as rapazas, que non están afeitas competir, vense sen a súa porteira e tivemos que improvisar poñendo a outra, que se nos lesionou nada máis comezar e tivemos que aguantala ata o descanso, que foi suplida por unha xogadora de campo. Pero, independientemente diso, o equipo rival é moi superior a nós”.

Estilo de xogo
“Sair xogando é a idea que temos, aínda que nós tivemos que improvisar ao ver os sete goles do primeiro partido do Rosalía e fixemos fincapé de que non nos entrasen por banda, poñendo un sistema máis férreo pero sempre intentando combinar co balón e nada de patadóns, sempre na medida das nosas posibilidades”.

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Skip to content