2-1: A EFF Rosalía vese superada polo Peñasco no Federativo de Coia

A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía viuse superada (2-1) no Federativo de Coia por un Peñasco que, aínda que non foi moito mellor que as azuis en términos xerais, si que foi máis determinante nos momentos crave para aproveitar os erros do seu rival. Tamara Custodio adiantou ás viguesas no primeiro tempo e, tralo paso polos vestiarios, pese a que as de Saa reaccionaron, non estiveron atinadas e si que o estivo novamente Tamara para volver golpear e provocar que os tres puntos quedásense en terras pontevedresas a pesar do gol de Fara nos últimos minutos.

Sorprendía Miguel Saa cun once onde Laura Añón, habitual central do equipo cadete, exercía de dianteira centro. A xoven xogadora non defraudou en canto a loita e tivo algunha das mellores oportunidades das pontinas. Tras un primeiro tramo do período inicial en que se viu pouca claridade ofensiva por parte de ambos contrincantes, a dianteira e máxima goleadora do Grupo VI Tamara Custodio aproveitou para correr un balón morto en tres cuartos de campo, superar a todas as defensas que lle saíron ao paso e colocar a pelota ao pau contrario onde nada puido facer Rocío para anotar o 1-0 aos trece minutos de xogo. Non se fixo esperar a resposta das pontinas. Dous minutos despois, nun xogada que inicia Patricia tras roubo de balón e pasar a Fara, a interior asiste a Laura Añón pero Iker adiántase, o seu rexeite chega a Patricia novamente pero o gardameta local adiántase á media-punta na súa remate. Logo desta ocasión chegou a xogado que acendeu os ánimos das visitantes. Xogada en longo a Laura Añón, a dianteira avanza soa cara a Iker e é derribada por Raquel, a colexiada Gándara Currais sinala falta sen amoestar á defensa local malia as protestas desde o banquiño ao ser a última xogadora. A partir desta xogada, si o partido estaba sendo duro se ‘abroncó’ en demasía ata chegar a un descanso no que ambos banquiños se engarzaron nunha discusión que chegou a porta de vestiarios.

As xogadoras locais protagonizaron algunhas xogadas ao límite do reglamento.

Tralo paso polos vestiarios, as pontinas intentaron igualar pronto a contenda e, cun remate de Lidia e un chut de Fara que non crearon problemas a Iker. O dominio era das de Saa pero non conseguían empatar e as mellores ocasións desbaratábaas Iker, o mellor das viguesas. O conxunto de Norberto Losada, pola súa banda, non perdoou tras un roubo no centro, Tamara (75′) recibe un pase en longo ao que non chega Isis, no man a man ante Rocío non falla cun tiro á esquina. A dianteira, nunha acción discutible no deportivo, dedica o gol ao banquiño contrario, demostrando a tensión no encontro.

Tamara dedicou o segundo gol ao banquillo rival nunha acción discutible no deportivo.

Non se viñeron abaixo as azuis (onte de amarelas), nunha xogada de equipo, Sequeiros peitéaa, Zaira asiste a Fara que supera a Iker na saída, 2-1 no minuto 87′. A EFF Rosalía seguiuno intentando e buscou o empate ata o pitido final pero non logrou o gol que mereceu nos segundos 45 minutos. Mala tarde ao cabo para os intereses das pontinas, nun partido no que tamara Custodio e Iker marcaron as diferencias nas locais, que conservan a segunda praza ao ter o gol-average ganado coas súas rivais de onte.

Check Also

4-0: O sénior golea e achégase ao obxectivo

Un tanto espectacular de Bonjoch, outro de Vicky e Zaira e Patri, en propia porta, …

Skip to content