Triunfo en Chaín para encadear dous partidos invictas en Liga

As pontinas impuxéronse ao Lóstrego CF grazas a un gol de Sara Rodríguez.

Gran actuación da Escuela de Fútbol Femenina Rosalía Cadete en casa do terceiro clasificado ata a xornada 15. As xogadoras de Jorge Sobrino impuxéronse na Gándara-Chaín ao Lóstrego CF para asinar sexta vitoria da campaña. As pontinas lograron un meritorio triunfo grazas a un gol a balón parado de Sara Rodríguez. Éxito ante un dos rivais máis complicados da categoría antes da visita do Milagrosa o vindeiro sábado para intentar volver sumar os tres puntos no Municipal de O Seixo.

As azuis tomaron a iniciativa desde o inicio a pesar que o ritmo de xogo era máis baixo do que ambos adestradores desexaban. Lucía Caride intentou abrir o marcador aproveitando unha boa xogada de Candela Bouzas, pero o seu control escapóuselle cando ía rematar. Antes do descanso, Laura Añón a punto estivo de superar a Alicia pero o casillero non se moveu.

Sara sentencia na segunda metade
Na segunda metade o noso equipo cambiou de sistema e saíu coa mesma intensidade que no primeiro tempo e atopou rápido o gol. Sara Rodríguez ou perdoou ao executar unha falta provocada por Sara Bonjoch. Tralo gol, Rosalía non baixou o ritmo e puido aumentar a vantaxe ata en dúas ocasións de Lucía Caribe e Nerea. O perigo das locais atopouse cun gran partido na parcela defensiva de Silvia e Lucía Pérez axudadas por Miriam no centro e o bo facer de Valeria baixo paus. A piques de finalizar, Candela Bouzas intentouno a balón parado pero Alicia respondeu cunha gran intervención para deixar no 0-1 definitivo no marcador.

Unha vez terminado o encontro, Jorge Sobrino, técnico do Cadete atendeu á web do club para valorar a vitoria do seu equipo: “Foi un moi bo partido no que fomos de menos a mais, sobre todo co cambio de sistema na segunda metade. Hoxe fomos superiores de principio ao final”.

Check Also

O Azul dobrega ao Amarelo no derbi da Liga Cadete

Nun derbi vibrante, con gran ambiente nas bancadas, os goles de Xiana serviron para levarse …

Skip to content