2-1: Chegou a primeira vitoria en casa

Candela Bouzas e Victoria, que debutaba co Cadete, foron as goleadoras do ‘filial’, que tivo un penalti para sentenciar pero Cuquejo tirou alto.

A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía venceu contra o Lóstrego CF (2-1) no encontro correspondente á sexta xornada da Liga Galega Cadete. O ‘filial’ mereceu o triunfo nun partido floxo ante un esixente rival nun partido no que se puxo por diante en dúas ocasións cos tantos de Candela Bouzas e Victoria. Con todo, o conxunto gondomarés non se rendeu en ningún momento tras igualar o choque na segunda metade. As de Sobrino rompen a súa racha negativa e logran a primeira vitoria en casa.

Avisou primeiro o Lóstrego cun centrochut de Lucía, e rexeite de Valeria cae en boca de gol para María Alicerce pero o seu tiro vólveo a deter a porteira. Cando transcorría a metade do tempo, a segunda. Recuperación no Centro, Amandha asiches a María Alicerce pero o seu tiro sae fóra por pouco. Catro minutos despois a máis clara para as xogadoras de Ana Igrexas coas mesma protagonistas. Amandha coloca o balón ás costas de Sofía e a vaselina de María Alicerce pega no poste da meta local.

Victoria marcou o gol da vitoria no seu debut co Cadete.

Os goles na segunda metade
Con todo, o partido cambiou logo da volta de vestuarios. Aos tres minutos da reanudación Paula derriba a Ester ao bordo do área e Candela Bouzas sorprende a Alicia cun bo chute de libre directo, 1-0. Non deixaron de insistir as azuis, que poucos minutos despois tiveron a máis clara do partido. Cuque rouba no centro, pasa a Ester pero despexa Alicia, o balón cae aos pés de Ester que tira a porta baleira pero despexa a central visitante, o rexeite chégalle a Nerea que o intenta por alto pero o balón pega na man de Marta, penalti. Non se deciden a tiralo Sara Rodríguez ou Cuque, sendo a segunda a encargada, o seu tiro moi alto. A resposta visitante chegou das botas de ‘Balú’, a súa mellor xogadora no campo. A centrocampista xera unha xogada en área rival presionando a saída de balón, asiches a unha comapañera que cruza o balón ante a estirada de Valeria, empate. Cando o marcador parecía que non se ía a mover apareceu Victoria. Xogada sen perigo no centro, barullo dos dous equipos e o balón supera ás centrais na carreira de Victoria, a dianteira do infantil non falla no man a man, 2-1. Finalmente, o marcador non variou e as pontinas sumaron a súa primeira vitoria en casa ante un rival complicado.

Check Also

O Azul dobrega ao Amarelo no derbi da Liga Cadete

Nun derbi vibrante, con gran ambiente nas bancadas, os goles de Xiana serviron para levarse …

Skip to content