3-0: A EFF Rosalía gaña e sae líder do Municipal de Oira

Os goles de Ana, Laura e Noui dan a vitoria ante o Peñasco cunha primeira parte de bo xogo.

A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía suma e segue. O equipo de Saa, que continúa invicto esta tempada en casa, gañou no Municipal de Oira e é líder da Liga. Foi determinante a dupla que formaron Ana e Noui, creando moito perigo por banda. A primeira marcou por cuarto partido consecutivo, e a segunda marcou o tanto que sentenciou o encontro na primeira metade. Foi un encontro moi emocionante que se xogou a un ritmo durante os primeiros 45 minutos e a outro os segundos.

Ana marcou por cuarto partido consecutivo

A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía saíu coa intención de presionar moi arriba e asfixiar ao Peñasco. Así chegou o primeiro gol, Ana Seguín (6′) aproveita unha asistencia de Zaira logo dun pequeno barullo ao bordo do área. Once minutos despois puido chegar o segundo, Sabela xera perigo pola dereita e o remate de Noui pasa rozando o larguero. Minuto 22, a máis clara das locais no primerio tempo. Novamente Sabela xera o perigo pola dereita, o seu centro despéxano as centrais e o balón cae aos pés de Lidia, que tira fóra no man a man ante Laura Bouzas.

Rosalía seguía dominando aumentando distancias aos trinta minutos. Noa presiona a saída do balón visitante e provoca un córner, sácao Zaira e Laura Añón marca despois de que Laura Bouzas non acerte a despexar. As azuis seguían levando perigo en área rival e así chegou a sentenza por parte de Noui. Aldarita rouba no centro, cede a Aida que asiste ás costas das centrais á dianteira, non falla no man a man, 3-0.

Segunda metade sen goles
Tralo paso por vestuarios, Noberto Losada cambiou de sistema e o seu equipo meteuse no partido. As ocasións máis claras chegaron das botas das locais pero o marcador non se moveu. Valiosa vitoria e liderato da Escuela de Fútbol Femenina Rosalía ante un rival que pagou o cansazo de disputar Copa o venres, contando coa baixas da súa goleadora Tamara (10 goles en catro partidos).

Check Also

Touro-Rosalía: a polo cuarto posto

O noso equipo visita o Municipal de Loxo no encontro da 22.ª xornada de Liga …

Skip to content