Saa: “O liderato é totalmente anecdótico”

“Non encaixar sempre é o primeiro paso para a vitoria”, declarou o técnico.

Miguel Saa compareceu ante os medios de comunicación en roda de prensa telemática trala vitoria da Escuela de Fútbol Femenina Rosalía fronte a Peñasco: “O partido estivo bastante disputado. Pola nosa banda, realizamos un gran primeiro tempo, o que nos fixo ter unha mañá tranquila. Quédome con que creamos moitas ocasións e iso é o máis importante cara a próximos partidos”.

“Non encaixar sempre é o primeiro paso para a vitoria. Ademais, creemos que a algunhas rivais xogar no Municipal de Oira fáiselles grande e iso xoga ao noso favor ao ser o noso campo de adestramento semanal”.

Liderato
“Totalmente anecdótico. Non descansamos e o resto de equipos de arriba si. Co cal non é unha referencia real ata que todos os equipos teñamos o mesmo número de partidos”.

Rival acusou dous partidos en 48 horas
“É difícil contestar. Non sabemos como se comportan elas en competición si non xogan o venres, como esta semana. Suponse que desgaste tiveron, tal como comentou Norberto, pero nós tamén tiñamos baixas e ao final cada partido é un mundo”.

Vitoria importante
“Máis que gañarlle a Peñasco, quédome co xeito de facelo, xogando ben tanto en defensa como en ataque e cun control do xogo”.

Baixón segunda metade
“Non creo q sexa así. No segundo tempo elas cambiaron o plantexamento e xogaron en avanzado, o que deixaba libre espazos ás súas costas. Nós buscamos unha e outra vez as súas costas e creo que dos 14 foras de xogo que nos pitaron non eran todos, aínda que é moi difícil para o colexiado ver os límites sen axudantes”.

Ana
“Ana ten gol e no momento que xogue máis acougada aínda fará moitos máis, pero non é algo individual. Si ela marca é porque todas realizan un bo traballo e cada unha recolle os froitos das súas compañeiras, neste caso en forma de goles”.

Norberto mostrouse moi activo na banda durante a segunda metade animando as suas xogadoras.

O técnico do Club Peñasco, Norberto Losada, atendeu a nosa web unha vez rematado o encontro: “Viñamos con moitas baixas, xogamos un partido de Copa o venres e algunhas xogadoras viñan moi tocadas e en fronte estaba un equipo moi moi bo, ben traballado, dos mellores que me enfrontei nesta Liga”. 

Partido de Copa
“Notouse moito. Dous das mellores xogadoras que temos non estiveron hoxe porque estaban tocadas. Estou orgulloso delas”.

“Moi superior o equipo rival pero contento coas miñas xogadoras”

Norberto Losada, adestrador Club Peñasco

Duas partes diferenciadas
“Moi superior o equipo rival. Saben ao que xogan, moi traballado, felicito aos ‘misters’. As mozas moi ben, saben o que fan, moi ben situadas e nós desenchufadísimas na primeira metade. Na segunda, cambiamos un pouco o sistema, o xeito de xogar, saímos con tres centrais e dúas dianteiras puras e ben, contento”.

Tamara
“É a que marca a diferenza arriba, a que marca os goles e nótase bastante a súa ausencia”.

Obxectivo
“Meterse en fase. Intentalo polo menos, gañar a Liga non porque hai moitos equipos mellores que nós pero polo menos meternos en fase, que é o obxectivo e sería un gran premio para o grupo que teño”

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Skip to content