3-2: Victoria con doblete de Zaira

A Escuela de Fútbol Femenino Rosalía vence ao Victoria F.C. con dos goles da barbadesa e Noui.

A Escuela de Fútbol Femenino Rosalía logrou gañar ao Vitoria C.F. “C” na súa visita a Santiago para medirse ás locais no seu terceiro amistoso de pretemporada, segundo do fin de semana. As de Miguel Saa, que encadenan unha derrota, un empate e unha vitoria nos tres partidos disputados en 2021 antes do comezo da competición, xa pensan en partido do próximo domingo fronte ao CD Lugo no Monte da Aira.

A EFF Rosalía tivo máis o balón na segunda metade pero na primeira pagou o nerviosismo inicial practicando un fútbol moi dubitativo con numerosas perdas de balón non provocadas polo rival, senón pola falta de precisión das súas xogadoras. A pesar esas impresicións foron as visitantes as que se adiantaron no marcador nos primeiros minutos despois de que Zaira marcase desde os once metros o penalti provocado por Ester. Resultado co que terminarían os primeiros 45 minutos, malia a ocasión de Noui, que nunha internada pola esquerda remataba ao pau da portería das locais.

Na segunda metade as azuis sentíronse máis cómodas en ataque e tiveron posesións máis largas e adiantaron filas na presión. A pesar da melloría no xogo, foron as bermellas do Victoria FC as que empataron nun balón que gañou a espalda da defensa ourensana e batendo no man a man a Rocío.
Non baixou os brazos o Rosalía e tirou de paciencia e combinacións en curto e nunha desas Noui, moi activa durante todo o partido no extremo esquerdo, conseguía batir á porteira local e volver a adiantar as pontinas no marcador.
Seguiron na boa liña de xogo as xogadoras de Saa e Zaira de tiro cruzado, a pase de Noui era quen de aumentar a ventaxe a dous goles. Ainda así, pouco durou a alegría nas azuis, xa que en menos de dous minutos as santiaguesas recurtaban distancias.

Ata o final do partido continuou a mesma tónica cun dominio posicional das nosas rapazas e cas locais tentando sair á contra. Ó final primeira vitoria do equipo de Miguel Saa, que remataron moi cansadas pero satisfeitas, según as verbas do técnico a rolda de prensa posterior: “.

Check Also

O senior xa coñece aos seus rivais para a tempada 2024/25

A Escola de Fútbol Feminino Rosalía queda encadrada no Grupo II da Segunda Galega.A Escola …

Skip to content