Saa: “Mención especial para as xogadoras que xogaron os dous días”

“Foi unha proba bastante seria, contra un rival que nos esixiu moito, sobre todo a nivel táctico”, comentou o técnico.

Finalizado o encontro ante o Victoria CF no Campo do Sergas de Santiago, Saa compareceu en roda de prensa telemática e falou sobre o partido da Escuela de Fútbol Femenino Rosalía: “Atopámonos cun rival máis rodado e mellor situado pero ímonos contentos co traballo de todas as xogadoras, sobre todo mención especial para as xogadoras que xogaron os dous días”

Nerviosismo inicial
“É certo que as rapazas atopábanse algo nerviosas ao principio, ao final estase pagando o tempo de inactividade. Pero si que hai que recoñecerlles que aos poucos o rendemento vai ir a máis e cando o partido iba sumando minutos fómonos sentindo máis cómodas”.

Dous partidos en 24 horas
“O equipo acabou bastante canso e tivemos fases do partido de hoxe nas que a varias xogadoras notóuselle moito o cansazo, aínda así a boa vontade das mozas fixo contrarrestar ese cansazo con vontade e sacrificio”.

Erros defensivos
“Está claro que estamos tendo algúns desaxustes, e que si máis tempo houbese de preparación, máis tratariamos de corrixir eses problemas, pero iso vai suceder sempre, sempre vai haber algo que mellorar, polo que estamos desexando vernos xa en situación de competición e seguir no traballo semanal axustando eses pequenos erros”.

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Skip to content