“A verdade é que esta fin de semana, aínda que só sexa polo nome, o Lugo é un partido que ilusiona a todas, tanto as rapazas como ao club en xeral senten que é un rival moi bonito co que xogar”.
Miguel Saa compareceu na previa do atopo fronte ao Club Deportivo Lugo Feminino, con motivo do primeiro partido benéfico García Rodríguez Construcións E Reformas (domingo, 12:00, Youtube Concello de Ourense). O técnico azul dixo: “Eu a esperanza que teño é que sexa un partido non que poidamos disputar de ti a ti a elas. Ao final é un rival que está unha categoría por riba nosa pero si queremos, bueno, nós si temos expectativas de loitar por chegar a esa categoría temos que medirnos sempre contra as mellores e temos que dar a cara en todos os partidos que xoguemos”.
Partido
“Contamos probar cousas novas, estamos en continuo crecemento e esperemos poder comezar a atoparnos cómodas cun estilo de xogo e sistema, pero tomamos o partido como un día de adestramento máis no que, como dixen, probar novas cousas”.
Baixas
“Estamos pendentes dalgunha xogadora que rematou a semana con molestias. Quen si vaia a faltar seguro é Feijóo, que continua lesionada pero na fase final de recuperación”.
Partido benéfico
“A verdade é que é unha iniciativa moi bonita o poder colaborar con esta asociación e todo o que sexa axudar sempre é positivo e que mellor maneira que facelo cun partido de fútbol, algo que nos gusta a todos. Que García Rodríguez Construcciones contase con nós para o seu primeiro partido tamén é unha ledicia, tanto para o equipo como para o club”.
Plantel sen pechar
“Para nós todo o que sexan xogadoras que poidan aportar e que se adapten ao que estamos buscando estaríamos encantados. Falabámolo semanas atrás, o plantel non é longo e ademais temos o hándicap de que están nunha idade que por estudios non poden estar dispoñibles en moitas ocasións, polo que canto maior número de xogadoras dispoñibles, moito mellor”.