As azuis impuxéronse ao San Mateo con goles de Zaira, Ainara e Feijóo no primeiro encontro da segunda volta no Monte da Aira.
O Monte da Aira acolleu o seu primeiro encontro de 2020, co que o Rosalía estreaba a segunda volta da liga na casa. Foi un duelo igualadísimo contra o San Mateo e os dous equipos demostraron sobre o céspede por que están arriba na clasificación. Tras un primeiro tempo co gol de Pilar Andrade, Zaira igualou polas azuis e Feijóo deu o triunfo á EFF Rosalía.
O comezo do encontro tivo moita intensidade e un único dono no centro do campo. Yadira foi a primeira en romper as liñas rivais, pero seu disparo o detivo Itziar. O dominio era das locais pero non se vía reflectido na creación de ocasións que puxesen en aperto á meta do San Mateo. A banda esquerda de Feijóo e Yadira era a que máis dano facía na defensa visitante pero as contínuas chegadas ao bordo da área rival quedaban en nada. No medio dese dominio, aproveitou Pilar (35’) para, tras xogada individual, plantarse ante Rocío e colocar o balón onde non puideron chegar nin Cae nin a propia meta. O dominio do Rosalía era castigado cunha contra que daba vantaxe ao San Mateo nos primeiros 45 minutos.
O inicio da segunda metade foi un calco da primeira. Zaira (46’) empataba de falta tras o erro no blocaxe de Itziar. Canal moveu fichas e cambiou do 4-4-2 a un 3-4-3 máis arriscado pero tamén máis ofensivo, o que deu os seus froitos. O asedio era continuo sobre a área visitante e as xogadoras de Vaqueiro non saían do seu campo, pero do mesmo xeito que na primeira metade, non aparecían ocasións claras. Ainara no minuto 60’ cazaba un balón a 30m que superaba a Itziar por alto e daba a volta ao gol inicial do San Mateo.
Outra vez Pilar
Coas azuis envorcados en ataque e dende o costado dereito Pilar aproveita unha falta para superar por riba a Rocío e poñer o 2-2 no marcador. O dominio do Rosalía, ao igual que primeira metade, non tiña a súa recompensa no resultado.
Feijóo emulou a Robben
Cando xa parecía que o resultado non se ía a mover, unha triangulación de Sabela e Feijóo terminou coa segunda realizando unha gran xogada individual, regateou a dous rivais na área para acomodarse a pelota á súa perna esquerda e rematar a banda cambiada ao fondo das redes da portería visitante. Xa só quedaban dous minutos para o final e o tanto de Feijóo deu tranquilidade ao equipo de Canal que suma tres puntos importantes antes da visita ao líder Chispa.