Noui: Autora do gol 100 da EFF Rosalía senior

Alba Rodríguez entregoulle un cadro conmemorativo para celebrar esta cifra no primeiro partido no Monte da Aira depois de dito feito.

Noa Fernández “Noui” marcou ante o Marín o gol 100 oficial da EFF Rosalía. A ourensá, que recibiu antes do encontro un cadro conmemorativo de mans da secretaria Alba Rodríguez, alcanzou a cifra co cuarto gol, primeiro dela nese partido. A tempada pasada a EFF Rosalía anotou 59 goles durante o campionato regular sendo a máxima realizadora Zaira con 20 tantos, Patricia anotaría 11, Sabela e Yadira 9 cada unha, Isis 3, Andrea e Aldara Sequeiros 2 e Alba, Cae e Lucía Vázquez 1. Nos playoffs aínda se anotarían dous goles, ambos de Zaira.

Esta tempada o equipo leva 47 goles en 16 partidos, cunha media de 2,94 por partido, sendo a máxima goleadora Zaira con 16 tantos, seguida da propia Noui con 7 e Sabela con 6.

Check Also

Un ano mais colaboramos con Operación Quilo

A campaña alcanza os 37 anos de actividade e pódese doar roupa, xoguetes e comida …

Skip to content