3-2: Zaira sacou o fusil para dar a victoria á EFF Rosalía

As senior, que se adiantaron con dous goles de ventaxa sufriron ata o último minuto.

A  EFF Rosalía gañou un partido que parecía resolto despois de dous erros que meteron no partido á SD Puentearnelas, na xornada 11 de Liga do Grupo IV da segunda división feminina galega. Zaira continuou a sua racha de partidos seguidos vendo porta e Yadira acompañouna como goleadoras das azuis.

Dominio infructuoso das xogadoras de Iván Canal que non conseguían xerar ocasións claras de gol, ata que no 6’ Zaira colleu un balón no costado dereito a centro de Feijóo, superou a Laura de cabeza na liña de gol para firmar o 1-0 e non fallar unha xornada máis a sua cita co gol.

O partido seguiu coa mesma tónica para rematar coa ventaxa pola mínima das loscais.

Aumentar a ventaxa
Na segunda metade, as de Canal saen a polo partido e nunha xogada moi parecida ao primeiro, un balón novamente entre liñas o remata Yadira de forte disparo cruzado ao que Laura pouco pode facer (48’). A EFF Rosalía dominaba, controlaba o centro do campo e as visitantes parecían non inquietar a meta defendida por Rocío pero tan só 3 minutos máis tarde, xogada individual de Tamara que se desfai de catro defensas no borde do área para prantarse soa ante Rocío e non perdoar o 2-1.

A falta de 39 minutos o partido cambiaba radicalmente, as xogadoras de Pablo Arosa collían novos folgos e pensaban en poder remontar a pesar do dominio local.

Zaira sacou seu fusil
Os minutos pasaban e as ocasións non chegaban, Canal movía o banquillo pero todo seguía igual ata que a “Francotiradora” apareceu novamente. Falta a 30m da porta, Zaira coloca con mimo o balón e dispara, resultado golazo por toda a escuadra da portería defendida por Laura, 3-1 (71’). O partido, novamente, parecía sentenciado pero outra acción a balón parado, esta vez para o Puentarnelas, volvía a darlle emoción. Falta ao borde do área, Tamara dispara e Rocío no despexe mete un balón fácil na súa porta (79’). O marcador xa non se moveu máis, as azuis voltan a senda da vitoria e Zaira continúa a súa racha de partidos vendo portería.

Check Also

Rosalía-Praiña: a pola terceira vitoria seguida

O noso equipo, que encadea dúas vitorias seguidas, busca seguir o refacho no Municipal de …

Skip to content