Zaira con cifras de record

A ourensá marcou os goles 1, 10, 20 e 30 nesta tempada do equipo.

Zaira chegou a xornada de descanso no top-10 das máximas goleadoras da Liga 2019/20. A dianteira está firmando unha gran tempada e xa marcou 12 goles no que vai de campeonato. Con este rexistro, encabeza a taboa de máximas goleadoras do clube.

A de Barbadás fixo o seu primeiro gol na xornada inaugural ante o Pereiró. Zaira volveu ver porta unha semana despois ante o San Mateo en Ponteareas e quedouse a cero na seguinte xornada fronte o Chispa. A partir dese partido seis xornadas consecutivas marcando ante Juventud de Cambados, Bueu, Ponte Caldelas (3), Mosteiro (3), Vilariño e Umia CF.

Dato histórico
Na derradeira xornada fronte o Umia firmou un gol para alcanzar o dato de marcar en todos os partidos nos que a EFF Rosalía logrou perforar a portería contraria nesta Liga. Ademáis foi a encargada de marcar os goles 1, 10, 20 e 30 nesta tempada.

Check Also

Vitoria ‘C’-Rosalía: a pola segunda vitoria seguida

O noso equipo, que encadea dez xornadas sen perder, busca seguir o refacho no Santa …

Skip to content