“Foi un rival que se pechou atrás moi ordenado e custounos chegar. As tres que tivemos enchufámolas”, añadiu o técnico ourensano.
Iván Canal compareceu en sala de prensa en sala de prensa do Monte da Aira para analizar a victoria fronte a SD Puentearnelas: “Foi un altamente dominado polas nosas mozas, sobre todo os primeiros 25 minutos da primeira parte e os 20 primeiros da segunda pero con lagoas en fases do xogo e con erros defensivos que nos custaron 2 goles”.
“Contento polo esforzo e polo xogo que fixemos #ante un equipo moi pechado atrás”.
Partido con poucas ocasións
“Foi un rival que se pechou atrás, moi ordenado e custounos chegar. As tres que tivemos enchufámolas. Elas tiveron dous, por erros graves nosos en defensa e tamén as marcaron. Arriscamos saíndo cun sistema moi ofensivo sabendo que elas se podían pechar atrás, non tiñamos xente no medio, o que xeraba ocasións do equipo rival ainda que se nos estvéramos ben defensivamente era un partido cómodo de xogar”.
Erros defensivos
“Cometemos dous erros e dous goles que nos meteron. Foron erros graves, unha xogadora non pode entrar na área e irse de 4 xogadoras que están a pechar, iso non pode pasar. Teñen que analizar ese erro e darse conta que defendendo preto da área hai que ser moi intensa e marcar cargando á rival dende moi preto. O segundo erro foi de Rocío, tampouco pode pasar que un balón bombeado sen forza o despexes cara dentro da portería cando se podía blocar. Eses erros teñen que interiorizalos e non poden voltar a ocorrer, hai que aprender deles”.
Zaira
“O de Zaira é tremendo, é unha moza que nos dá moitas cousas. Non só marca goles, dá consistencia ao equipo, traballa para o conxunto defensivamente, loita todos os balóns e ás veces bótase o equipo ás costas cando as cousas non van ben. Juanma e eu estamos encantados con ela. sobretodo polas gañas que pon”.
Aitana
“A Aitana vina ben, fixo un bo partido no seu debut. Vin detalles que me gustaron, sobre todo o xogo de costas. Se segue adestrando ben terá moitos minutos e achegaranos moitas cousas a nivel ofensivo”.
Pola banda da SD Puentearnelas atendeu aos medios en zona mixta a xogadora Paula Charlín: “Foi un encontró moi bo polo noso equipo. Sabíamos que o Rosalía é un dos rivais máis duros e víñamos con todo e así foi, xogamos unidas, puxemos todo da nosa parte pero creo que é un rival, para min, superior ainda que consiguemos estar á altura en todo”.
Poucas ocasións
“O partido foi de poucas ocasións para unhas e para outras. A balón parado elas souberon aproveitar para marcar e nós ao final soubemos respostar pero con tanto control no centro no campo non houbo ocasións para chegar arriba. En defensa ben ambos equipos moi ben o pero poucas ocasións en definitiva”