4-0: Demasiado castigo no primeiro amigable de pretemporada para o senior

A EFF Rosalía perde ante o Sárdoma ‘B’ nun partido que encarrilaron as locais nos primeiros minutos.

A Escola Fútbol Feminina Rosalía perdeu contra o Sárdoma ‘B’ (4-0) no primeiro choque preparatorio da pretemporada. Dúas ocasións claras de Vitoria e unha boa actuación da porteira rival na primeira ocasión visitante impediron o gol pontino nun partido que levou o cadro local con dous tantos en cada parte. As de Tobaruela continúan coa súa posta a punto para o inicio da campaña 2022/23.

Tobaruela viaxou con 16 xogadoras a Vigo.

A primeira parte terminou con dous goles, pero non foi por falta de ocasións que houbese mais. Tivo a primeira o senior con dobre remate na área de Zaira, pero a gardameta local despexou a córner sen problemas (4’). Repetiu Noa na seguinte chegada cunha xogada individual polo flanco dereito que remata cun tiro frouxo. A resposta visitante chegou seis minutos despois tras unha boa combinación que supera a defensa visitante e na que non fallan no man a man con Rocío (1-0). Volveron atacar as locais cun disparo que Rocío rexeita a córner. O posterior saque sirve para que as viguesas adiántense novamente no marcador cun remate de cabeza.

A EFF Rosalía tentouno ata o final
Tras o paso polos vestiarios, o Sárdoma adiantou as súas liñas adiantou liñas co obxectivo de aumentar a vantaxe no encontro. Primeiro, conségueo ao catro minutos da continuación. No 49’, a dianteira local remata un pase desde a esquerda. Dous minutos despois, unha imprecisión no medio campo termina co balón novamente no sector esquerdo cun bo remate cruzado ao que nada pode facer Rocío (4-0). A reacción azul fíxose esperar ata os minutos finais con dúas ocasións de Victoria. Un balón que salgue fose por pouco (74′) e un man a man que non acerta resolver fronte á porteira rival (76’).

O equipo volve aos adestramentos esta tarde, nunha semana na que disputará outros dous compromisos de preparación o venres e o domingo.

Check Also

Triunfo do sénior en Ribeira con triplete de Noui

A Escola de Fútbol Feminino Rosalía imponse a Aguiño con tres goles da ourensá, un …

Skip to content