O cadete busca recuperar o seu selo ante o Umia CF

Tras unha derrota a domicilio, as de Alberto Tamayo volven ao campo principal das instalacións deportivas de Oira para medirse a un rival que logrou a vitoria a pasada xornada na súa casa tras varios encontros sen facelo.

A Escola de Fútbol Feminina Rosalía Cadete recibe este sábado ao Umia CF no primeiro dos dous encontros consecutivos que disputasen en casa. O equipo adestrado por Alberto Tamayo buscará recuperar a súa mellor versión tras tres partidos cun desenvolvemento e final aciago a domicilio ante Sárdoma e Mos e en casa ante Tomiño. Agora chegan as ‘viquingas’ chamadas a estar nos postos altos, coa moral alta tras lograr vencer no seu feudo ao Viaxes InterRías, próximo rival do equipo pontino, despois de obter resultados contraditorios tamén ante Mos e Sárdoma.

O último partido en Oira entre ambos conxuntos foi en marzo do ano pasado.

Os enfrontamentos ante o equipo da Comarca de Barrantes sempre teñen o detonante da competitividade. Aínda que como visitante ten un mellor balance que como local e que a pesar de que o resultado da tempada pasada en casa reflicte 1-0 no marcador, as ‘viquingas’ deron un salto de calidade esta tempada. Agora, con planteles totalmente diferentes aos do ano anterior, o Cadete debe buscar recuperar os números positivos cun resultado positivo que lle permita encarar os últimos partidos da primeira fase con optimismo.

O encontro da novena xornada na Liga Galega Cadete dará comezo ás 18.00 horas do sábado no Municipal de Oira coa arbitraxe da colexiada ourensá Uxía Boimorto.

Check Also

Fin de semana da Liga Cadete

Vitoria do ‘Amarelo’ e derrota do ‘Azul’. Fin de semana de compromisos oficiais para os …

Skip to content