O Infantil inicia 2023 con goleada

As de Quique e Castro gañaron a domicilio ao Lóbrego CF cun dobrete de Andrea e os tantos de Sofía, Xiana e Sara.

A Escola de Fútbol Feminina Rosalía Infantil sumou os tres primeiros puntos do 2023 na súa visita ao Lóbrego CF a pesar de non poder completar a convocatoria polas baixas do equipo a última hora. O noso equipo callou unha gran actuación para levarse o triunfo no partido correspondente á décima xornada de Liga. Sofía abriu o marcador na primeira xogada do encontro e completaron a sentenza Xiana e Sara antes do descanso. Tras a continuación, Andrea ampliou a conta co seu dobrete. Josefa Dios marcou para as locais nos últimos compases do encontro.

As de Castro puxéronse por diante ao segundo minuto de xogo. Sara centrou desde a liña de fondo e, o balón chegou a Sofía. A dianteira asinou o 0-1 nun remate de primeiras. Os dous conxuntos xogaban sobre un campo encharcado pola forte choiva caida. O Infantil quería ampliar a vantaxe cunha premisa clara, ganar liña de fondo e seleccionar ben o pasa atrás, un aspecto no que levaban traballando e nos viña custando, mentres que as locais intentaban dar a réplica en busca do empate.

No 23’, un calco da xogada do primeiro gol. Sara volve gañar a liña de fondo e o seu centro remátao a pracer Xiana ao fondo da rede local. Tan só dous minutos despois, Sara novamente protagonista ao rematar desde fóra da área un córner en curto cun disparo ao que nada puido facer Catalina. O dominio xa era do nosas pero o mal estado do terreo de xogo dificultaba a saída de balón das azuis, feito que o equipo rival aproveitaba para presionar a incomodar as nosas xogadoras. Con esto chegabase ao descanso.

Dobrete de Andrea para sentenciar
Tras pasar polo vestiario, mantívose a intensidade das pontinas. O Infantil buscaba dominar o xogo a pesar das condicións climáticas e o noso equipo quería sentenciar. E lograr grazas a un tanto de Andrea, que cazou un balón morto dentro da área despois de varios rexeites da defensa local (55’). A falta de 11 minutos para o final, Sara xera a ocasión do quinto, ao cal Catalina non puido facer nada ante o remate de Andrea (69’) que certificaba a goleada pontina. A pesar diso, as gondomaresas seguírono tentando e marcaron o seu gol despois dun discutido penalti. Josefa non fallaba desde os once metros no 78′.

Check Also

O Infantil cae derrotado ante o Lóstrego CF (0-7)

As azuis non puideron puntuar en casa ante un rival moi superior. A Escola de …

Skip to content