Partido inédito e vital ante o Ordes en Vista Alegre

O Cadete volve exercer de visitante nesta xornada de Liga co obxectivo de seguir prolongando a inercia positiva.

Tras conseguir os tres puntos na pasada xornada ante o Friol, as pontinas volverán xogar a domicilio ante un rival que, do mesmo xeito que o cadro ordés chega en postos do fondo da táboa. A EFF Rosalía visitará por primeira vez na súa historia as instalacións da Anexo Vista Alegre no encontro correspondente á xornada 7 da 2.ª Fase. As de Alberto Tamallo queren prolongar o seu bo momento de forma (tres vitorias no últimos cinco partidos) e seguir escalando postos na táboa clasificatoria.

O club coruñés chega nunha complicada situación, con 0 puntos, aínda que plantou cara ante a Milagrosa na pasada xornada. O obxectivo deste equipo baséase en seguir formando xogadoras consolidando o proxecto. Está a ser un equipo irregular e sempre estivo nas posicións baixas da táboa, pero, con todo, fase a competir cada semana con traballo duro de todas as súas xogadoras.

Por todo esto, o envite deste sábado, ás 16.00 horas, é un partido vital para os dous equipos. O noso equipo quere coller aire nesta recta final e o cadro coruñés sumar os primeiros puntos diante da sua afeizón.

Check Also

Derrota pola mínima antes do parón

Un gol de Sofía Miguens ao comezo da partido trunco as opcións dun Cadete que …

Skip to content