O noso senior non mereceu perder

O domingo, no noso habitual horario de mediodía como locais recibimos o Atlántida Matamá “B”. Club representado na Segunda división Nacional e con unha gran tradición en canto o fútbol femenino olívico se refiere.

Noso equipo, a pesar de non ser filial, presentou unha media de edade similar ou menor a do seu rival, con moitas infantiles no once titular como é habitual.

O Atlántida Matamá dende o inicio deixou clara a sua intención de dominar a posesión do balón e xerar peligro con ataque combinado, o que non contaban era que en frente tiñan unha boa e organizada estructura que partido a partido crece e que si que lles permitiría combinar en zonas alexadas a nosa portería, pero que en canto entraran no noso campo non lle iban a poñer as cousas sinxelas.

A primeira ocasión clara do partido foi para as nosas, unha falta botada por Zaira que a portera despexa e Patricia recolle o rechace e a piques está de inaugurar o marcador.

Continuaba a o dominio do esférico do Matamá e as ocasións non chegaban nin para nin para outro equipo. Moita loita e moita disputa polos dous equipos e moi bo trato de balón… un partidazo estábamos a ver no Monte da Aira.

O Matamá nun erro de saida de balón da nosa defensa tivo unha ocasión moi clara de inaugurar o marcador, pero o balón marchou alto.

Cando parecía que íbamos chegar con tablas o descanso, chegou o mazazo en forma de gol para o Matamá… un erro na nosa defensa propiciou un centro que Rocío non foi quen de despexar e deixou o balón franco para que Iria por arriba puxera o 0-1 que á postre sería definitivo.

A segunda parte o mesmo guión, inda que o noso equipo levou máis perigo en varias contras que por moi pouco non convertiron Zaira, Sabela Meno e Patricia…

Xa casi o final a mala noticia para o Rosalía en forma de lesión. Zaira nunha disputa torceu o nocelo dereito téndose que retirar do partido e posiblemente esté de baixa unha ou duas semanas.

0-1 final e a sensación de ser un resultado inxusto ante a disciplina e traballo demostrado por un Rosalía que día a día a pesar das lesións e as dificultades crece como equipo.

A seguir así Rosalías!!!

Como é habitual na sección fotografías da nosa web tedes unha amplia galería cortesía do noso directivo @yuse_pontino

Check Also

Aguiño-Rosalía: a sénior busca os tres puntos en Ribeira

O noso equipo afronta outra partido clave na loita polos postos de fase de ascenso …

Skip to content