Mario Gómez, acompañado do noso director deportivo visitaron as instalacións portuguesas.
Esta fin de semana, a Escola de Fútbol Feminino Rosalía tivo a honra de ser recibida no mítico estadio de Bessa, no Porto, polo Boavista FC, un dos clubs máis históricos de Portugal. A visita enmárcase dentro dunha colaboración que nace coa vista posta no futuro do fútbol feminino, e que supón un paso firme na nosa aposta pola formación integral das nosas xogadoras.
Grazas á invitación do club portugués, nosos representantes, o presidente Mario Gómez e o director deportivo, Alberto Tamayo, puideron compartir unha xornada de convivencia na que non só estreitaron lazos institucionais, senón que tamén sentaron as bases dun acordo deportivo internacional que incluirá:
· Partidos amigables e xornadas de convivencia entre ambos os clubs.
· Intercambio de metodoloxías de adestramento.
· Formación conxunta entre corpos técnicos.
· Charlas e sesións formativas tanto para adestradoras como para futbolistas.

Un paso adiante para o fútbol feminino galego e portugués
Desde a EFF Rosalía, “valoramos profundamente a oportunidade de colaborar cunha entidade como Boavista FC, que comparte a nosa visión de apostar polo talento feminino e fomentar o desenvolvemento desde a base”, afirmou noso presidente en declaracións a nosa web.
“Boavista é un club referente en Portugal, e estamos convencidos de que ambas as partes creceremos xuntas con esta iniciativa”
Alberto Tamayo, director deportivo EFF Rosalía
Por parte do Boavista FC, o recibimento foi tan cálido como profesional, demostrando o seu forte compromiso co avance do fútbol feminino: “Estamos muito gratos à EFF Rosalía pela sua disposição e atitude construtiva. Este acordo recíproco é uma grande ajuda para ou desenvolvimento e melhoria do futebol feminino non nosso clube. É um passo em fronte para ou futebol feminino” afirmou Luís Lorenzo, director de fútbol feminino.
Máis que fútbol: formación, valores e visión compartida
Este acordo é unha mostra máis do crecemento constante da EFF Rosalía, que este ano viu recompensado o seu traballo con varios títulos e, especialmente, co ascenso do primeiro equipo senior. Como club dedicado exclusivamente ao fútbol feminino, seguimos reforzando a nosa aposta pola calidade, o compromiso, e a mellora continua.
O fútbol feminino non ten fronteiras, e hoxe Galicia e Portugal están máis preto grazas ao deporte, ao respecto mutuo e a unha visión compartida.


E.F.F. Rosalia Escola de Fútbol Feminino