Aida Landqvist incorpórase á EFF Rosalía

A futbolista madrileña, procedente do Tomiño FCF, achegará polivalencia ao conxunto pontino na súa estrea en 3ª RFEF.

A Escola de Fútbol Feminino Rosalía e Aida Landqvist alcanzaron un acordo para que a futbolista madrileña convértase en nova xogadora do conxunto pontino para a tempada 2026/27.

Aida Landqvist Souto (Madrid, 16 de marzo de 1999) deu os seus primeiros pasos no fútbol na Escola de Fútbol Salvaterra. Posteriormente pasou polo Oliveira FS, co que se proclamou campioa de Liga e Copa, e polo Poio FS, etapa na que sumou títulos de Liga, Copa e Campionato Galego.

A súa traxectoria en fútbol 11 comezou no Sporting Club Santo Mateo, onde militou durante as tempadas 2016/17 e 2017/18. Anos despois regresou ao conxunto pontevedrés para disputar as campañas 2022/23 e 2023/24, participando na fase de ascenso a 1ª Futgal na primeira delas.

Precisamente durante a tempada 2022/23 Aida enfrontouse á Escola de Fútbol Feminino Rosalía, ao coincidir ambos os conxuntos no mesmo grupo de competición. Unha futbolista, por tanto, coñecida polo club pontino e que tamén coñece de primeira man ao equipo e a boa parte das súas novas compañeiras.

Aida, defendida por Sampi ante a mirada de Añón, as suas novas compañeiras.

Na campaña 2024/25 incorporouse ao Tomiño FCF, co que conseguiu o ascenso a 3ª RFEF. A pasada tempada, 2025/26, continuou defendendo as cores do conxunto tomiñés xa en categoría nacional, adquirindo así experiencia na competición na que debutará o seu novo club este curso.

Landqvist destaca especialmente pola súa polivalencia. Pode desenvolverse no centro do campo e tamén ocupar diferentes posicións na liña defensiva, tanto como central como no lateral, ofrecendo distintas alternativas ao corpo técnico de Alberto Tamayo.

Landqvist durante unha sesión de pretemporada.

A nova xogadora ‘azul’, que xa comezou a pretemporada xunto ao resto das súas compañeiras, defínese como “unha xogadora polivalente e traballadora, con ganas de axudar ao equipo”. Sobre a súa decisión de incorporarse ao club pontino, Aida recoñece que o coñecemento previo do equipo resultou determinante: “Por estudos quédame moi preto, pero o que me fixo decidirme é que é un equipo que xa coñezo de antes. Adestrei con elas dous anos e síntome cómoda no grupo”. De cara á estrea da EFF Rosalía en 3ª RFEF, a madrileña ten claros os seus obxectivos: “Espero que sexamos un equipo competitivo e traballador, que logremos asentarnos e gozar da categoría”.

Benvida á EFF Rosalía, Aida!

Check Also

Candela Bouzas chega ao club das 100

A centrocampista, formada no club desde 2018, celebrou este fito con gol e vitoria ante …