A centrocampista volve ao conxunto pontino tras unha temporada nas filas das Celtas ‘B’.
A Escola de Fútbol Feminino Rosalía chegou a un acordo para a incorporación de Sara Bonjoch de cara á temporada 2026/27, converténdose esta maneira no terceiro reforzo do curso futbolístico.
Sara Bonjoch Fonseca (Xunqueira de Espadanedo, 20/03/2008) regresa ás ‘azuis’ procedente das Celtas ‘B’ co obxectivo de reforzar o centro do campo do conxunto pontino na súa estrea en Terceira Federación. A súa vinculación coa Escola de Fútbol Feminino Rosalía remóntase á temporada 2020/21, procedente do Maceda, cando formou parte do equipo infantil. Disputou oito encontros, debutando o 4 de abril de 2021, na segunda xornada ante o Mos e anotando un gol esa temporada.
Na campaña 2021/22, xogou 13 partidos co equipo cadete e deu o salto ao primeiro equipo. A súa estrea como sénior chegou o 3 de abril de 2022 ante o Porriño Industrial, na xornada 21 de Liga, entrando ao terreo de xogo no minuto 33′ en substitución de Aldara Sequeiros. Aquela temporada participou en tres encontros coas azuis.
Durante as tres campañas seguintes foi medrando ata converterse nunha peza importante do equipo. Na temporada 2022/23 disputou 28 partidos e marcou catro goles; na 2023/24 sumou 26 encontros e cinco tantos; e na 2024/25 asinou o seu mellor rexistro goleador, con 12 goles en 28 partidos, sendo unha das xogadoras mais destacadas do equipo.
Bonjoch pechou a súa primeira etapa no equipo sénior da EFF Rosalía cun balance de 85 partidos e 21 goles. A pasada temporada defendeu a camiseta das Celtas ‘B’, coas que disputou dous encontros.

A centrocampista, que xa disputou seus primeiros minutos o pasado fin de semana en Boiro, chegou con molestias ao inicio de pretemporada, pero agora xa está dispoñible para o técnico do nosso sénior.
“Afronto esta nova etapa con moitísima ilusión e co obxectivo de axudar ao equipo en todo o que poida. Será unha temporada histórica pola estrea en Terceira Federación”, resaltou a xunqueirá na sua presentación. “Regreso sendo unha xogadora máis madura e con novas experiencias. Quero dar a miña mellor versión, seguir aprendendo e devolver no campo todo o cariño que sempre recibín deste club”, añadiu.
Agora, Sara regresa á casa para afrontar un novo reto xunto ás azuis.
Benvida de novo á túa casa, Sara!




E.F.F. Rosalia Escola de Fútbol Feminino