A xoven atacante ourensá chega ao conxunto pontino tras asinar 35 goles en 20 partidos co Cented Academy.
A Escola de Fútbol Feminino Rosalía e Andrea Calvo Vázquez (Ourense, 26 de xaneiro de 2006) alcanzaron un acordo para a incorporación da futbolista ourensá ao conxunto pontino para a tempada 2026/27, na súa estrea en 3ª RFEF feminina. O acto oficial de presentación, sen prensa, tuvo lugar nas instalacións deportivas municipais de Oira. O presidente Mario Gómez estivo presente no acto onde a dianteira firmo seu compromiso co club pontino.
Nada en Ourense hai 20 anos, Andrea é unha xogadora ofensiva que pode actuar tanto de extremo como de mediapunta. Destaca especialmente pola súa velocidade, capacidade para desequilibrar e facilidade para atopar o gol.
A atacante iniciou a súa traxectoria no fútbol sala, defendendo as cores do Ourense Envialia durante as tempadas 2021/22 e 2022/23 e do Cidade dás Burgas na campaña 2023/24. Un ano despois deu o salto ao fútbol 11 da man do Cented Academy, onde militou durante as dúas últimas tempadas.
A pasada campaña foi unha das grandes protagonistas do ascenso do Cented a 2ª División Galega. Andrea terminou como máxima goleadora do Grupo 6 de 3ª División Galega con 35 goles en 20 partidos, confirmando a súa enorme capacidade realizadora.

A nova futbolista da Escola de Fútbol Feminino Rosalía chega ao equipo para achegar velocidade, desbordar e gol ao ataque na estrea do conxunto pontino en 3ª Federación. Unha nova xogadora que afronta o salto de categoría coa ambición de continuar crecendo e dando pasos adiante na súa formación.

Andrea ten claro o motivo da súa chegada: “Creo que a EFF Rosalía é o mellor club para seguir crecendo e aprendendo como futbolista”. Sobre o curso que está a piques de comezar, recoñece que “vai ser unha tempada bonita e, á vez, bastante dura para todas”.
Benvida, Andrea!



E.F.F. Rosalia Escola de Fútbol Feminino